lunes, 4 de mayo de 2020

Abril finaliza coa peor cifra de matriculacións dos últimos 20 anos


O mes de abril finalizou coa peor cifra de matriculacións dos últimos 20 anos. Nunca na historia recente das vendas de vehículos no país rexistrouse unha cifra tan baixa de venda de turismos, pero tampouco se experimentou, en todo o século XXI, unha crise humanitaria e social do calado da pandemia do coronavirus. Os concesionarios pecharon durante todo o mes de abril e as escasas matriculacións rexistradas responden a compromisos previos que se fixeron efectivos nas últimas semanas.



A apertura nos próximos días dos concesionarios, con cita previa e os máis estritos protocolos sanitarios e de seguridade para clientes e traballadores, permitirá rexistrar máis entrega máis en maio, aínda que as vendas non comezarán a recuperarse ata despois do verán e sempre con cifras inferiores ás rexistradas en 2019.
As matriculacións de turismos e todoterreos en abril quedaron en 4.163 unidades, un 96,5% menos que no mesmo mes do ano anterior, cos mesmos días laborables en 2020. A canle máis afectada é o de particulares, que só rexistra 823 entregas, ao ter totalmente limitadas as actividades de venda física para estes clientes. As empresas tamén reducen radicalmente as súas entregas, nun 97,3%. No acumulado do cuadrimestre, as vendas caen un 49%. 


En Galicia só vendéronse 70 unidades, un 97,8 % menos que no mesmo mes do ano anterior.
Desde Faconauto , Raul Morales indica que “non por esperada é menos preocupante a maior caída do mercado da historia. A apertura dos concesionarios o día 11 de maio reactivará de novo o sector, pero esperamos unha evolución moi lenta das matriculacións, que non podemos permitirnos, porque sabemos do impacto que unhas vendas de coches baixas teñen sobre a economía, o emprego ou a confianza do consumidor».
«Temos que reactivar a demanda desde este arranque, e o sector poñerá do seu parte, pero esta situación excepcional require dun impulso desde as Administracións con medidas áxiles e de fácil aplicación que terían efectos visibles e que paliarían esta tendencia. É a compra de vehículos que fan as familias e as empresas as que impulsan o resto do sector, e iso é o que debemos salvagardar. Pola contra, veremos como as matriculacións se achegan ás 700.000 unidades este ano, que podería ser tamén o peor do últimos vinte anos se non tomamos medidas xa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta