
No encontro
abordouse o inicio, hoxe, da contratación da demolición da actual terminal de
autobuses, licitada por máis de 523.00 euros. A actuación suporá un
investimento autonómico global de arredor de 650.000 euros, tendo en conta a
necesidade de repoñer os servizos afectados.
As empresas poden
presentar ata o vindeiro 2 de xuño as súas ofertas para executar esta
intervención, que disporá dun prazo de execución de 4 meses.
Vázquez Mourelle
explicou que estas obras comezarán cando conclúan os traballos da nova estación
de autobuses e se traslade a ela a actividade, deixando eses terreos libres
para a nova residencia da terceira idade.
Por outra banda,
na xuntanza avaliouse o progreso das actuacións en marcha de construción da
nova estación de autobuses integrada na intermodal, reiniciadas a mediados de
abril tras a interrupción na súa execución derivada da crise do COVID-19. Na
reunión constatouse que os traballos se están a realizar coas necesarias
medidas de protección da saúde dos profesionais para evitar contaxios.
A responsable de
Infraestruturas destacou o avance nos traballos da nova estación de autobuses
no barrio da Ponte, onde xa é visible a estrutura do edificio, que acada o 80%
de execución, restando o forxado da cuberta e as lousas dos vestíbulos.

A conselleira de
Infraestruturas interesouse ante ADIF polo avance das obras no aparcadoiro
subterráneo de 300 prazas, que financia maioritariamente a Xunta, ao destinar
un investimento autonómico de 9 millóns de euros entre a nova estación de
autobuses e o aparcadoiro.

Para aclarar
estas cuestións, a responsable de Infraestruturas incidiu na importancia de
convocar unha reunión de seguimento para aclarar dúbidas e falar da execución e
deseño da parte ferroviaria.
Trasladou tamén a
preocupación da Xunta pola falta de información oficial respecto á realidade
das obras e do calendario previsto para o AVE a Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta