Reactivadas as obras na estación intermodal de Ourense


I
Onte, tivo lugar a reactivación polo Goberno central das actividades económicas non esenciais que levaban 15 días paradas polo estado de alarma reforzado por mor do COVID-19.

En Ourense algunhas actividades da construción esperaron a comezar ao día de hoxe debido a que o convenio provincial  do sector prevía que o luns sería festivo.

Hoxe xa se aprecia actividade nunhas obras moi importantes da cidade de Ourense: as da estación de autobuses e as do aparcamento subterráneo da intermodal ferroviaria.

Nelas a prioridade debe ser a de  garantir a seguridade dos traballadores, velando polo estrito cumprimento das medidas para evitar riscos de contaxios.

Esta reactivación das obras contribúe a minimizar o impacto económico e garantir a continuidade do emprego no sector.







Con la tecnología de Blogger.