A partir do 23 de marzo os ourensáns menores de 21 anos viaxán gratis no transporte público interurbano coa Tarxeta Xente Nova


Acabamos de coñecer que a partir do luns, 23 de marzo, os menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano dos 92 concellos da provincia de Ourense utilizando a  Tarxeta  Xente  Nova.
Estas tarxetas comezarán a emitirse o vindeiro martes, 17 de marzo, nas oficinas habilitadas de Abanca da provincia.
A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa social de fomento do transporte público en 2016 nas áreas de Transporte Metropolitano, permitindo que os mozos menores de 19 anos puidesen viaxar gratis neste medio de transporte.
A posta en marcha da  Tarxeta  Xente  Nova na provincia de Ourense inclúese na primeira fase de ampliación territorial, que se vai a desenvolver de forma progresiva ata abarcar este ano o total da comunidade galega.
Salientar que os titulares do dispositivo Xente Nova da área da Coruña encabezan o número de desprazamentos bonificados, con máis de 740.000 viaxes e máis de 18.700 tarxetas, seguidos dos mozos e as mozas da área de Santiago, con case de 388.000 viaxes e 9.884 tarxetas en funcionamento.
Os datos recollidos pola Dirección Xeral de Mobilidade apuntan tamén a incremento do uso desta tarxeta na área de Ferrol, bonificáronse preto de 358.000 viaxes gratuítas para os usuarios das 8.132 tarxetas.
Na área de Vigo o número de percorridos bonificados superou neste ano máis de 254.000 viaxes e o número de dispositivos Xente Nova activas é de 14.239, mentres que en Lugo se realizaron máis de 20.800 percorridos e se contabilizan 1.059 dispositivos.

Con la tecnología de Blogger.