En xaneiro medra o paro rexistrado en Ourense



Difunde hoxe o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social os datos de paro correspondentes ao mes de xaneiro de 2020 e na provincia de Ourense medrou en relación co mes anterior en 144 persoas, un 0,78 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 858 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,43 %.


O número de parados queda en 18.503, deles 8.123 son homes e 10.380 mulleres, 17.502 son maiores de 25 anos e 1.001 menores.

Por sectores: 1.026 son da agricultura, 2.211 da industria, 1.518 da construción, 12.063 dos servizos e 1.685 do colectivo sen emprego anterior.

Con la tecnología de Blogger.