lunes, 17 de febrero de 2020

Tellado: "A alternativa a Alberto Núñez Feijóo en Galicia é un multipartito que só suporía unha grande inestabilidade"

Asisto esta tarde en Santiago de Compostela á reunión do Comité de Dirección do PP de G.

Finalizada a reunión o secretario xeral dos populares galegos e coordinador de campaña do PPdeG para as Eleccións Autonómicas, Miguel Tellado, declarou aos medios que a alternativa a Alberto Núñez Feijóo en Galicia é un multipartito que só suporía unha grande inestabilidade. Por este motivo, subliñou que o 5 de abril os galegos teremos que escoller entre un presidente e un goberno experimentado ou o experimento que representan os partidos da esquerda.

Tellado, apuntou que nos vindeiros comicios está en xogo a  estabilidade política que permitiu á Comunidade crecer nos últimos anos en todos os ámbitos grazas á xestión do Partido Popular.

Como precisou, a cuestión é ser útiles aos galegos cun proxecto ao servizo de Galicia, que contribúa á unión da nosa Autonomía e non a dividir aos cidadáns. TPara iso, o PPdeG xa iniciou os preparativos da súa campaña, que fomentará a ilusión e falará do futuro.

Nese senso, o secretario xeral insistiu en que o seu partido está máis ilusionado que nunca ante as Eleccións do 5 de abril. De feito, asegurou que o pasado sábado quedou claro que a formación está preparada e que teñen o mellor proxecto, engadindo que os galegos son parte tamén desa ilusión de revalidar un Goberno estable e que defenda os seus intereses.