Sánchez, non obtivo en primeira volta a maioría absoluta necesaria para ser investido presidente


Esta mañá o candidato á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, non obtivo en primeira volta a maioría absoluta necesaria para ser investido presidente do Goberno, polo que a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, convocou o Pleno de novo para o martes, 7 de xaneiro, para celebrar unha nova votación na que se entenderá outorgada a confianza da Cámara se o candidato obtén o respaldo da maioría simple, máis votos a favor que en contra.

Con 166 votos a favor, os do Grupo Socialista; Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común; Máis País, Compromís BNG, Teruel Existe e Nova Canarias (Grupo Plural), e PNV.

E 165 en contra, dos grupos Popular, Vox, Cidadáns; Junts per Catalunya,
Coalición Canaria e PRC (Grupo Plural), e os cinco deputados do Grupo Mixto; e 18 abstencións, dos grupos Republicano e de EH Bildu

Con este resultado, Sánchez non ha chegou aos 176 votos favorables á súa investidura que establece o artigo 99.3 da Constitución.

O Pleno foi convocado para o martes, para que o candidato á Presidencia poida pedir a confianza da Cámara cunha intervención para a que, neste caso, se ten tempo taxado, concretamente dez minutos. 

Os representantes dos grupos parlamentarios poderán tamén tomar a palabra para explicar o sentido do seu voto durante un máximo de cinco minutos. Farano en orde de maior a menor salvo o Grupo Socialista, que o fai en último lugar.
Votando




Con la tecnología de Blogger.