O 18 de xuño de 2019 os deputados do Partido Popular por
Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce, rexistramos no Congreso esta pregunta ao Goberno:
¿É consciente
RENFE da necesidade de rebaixar polo menos un 30 %, o prezo dos billetes dos
servizos ferroviarios AVANT entre Ourense e Santiago, que son sensiblemente
superiores aos cobrados no Eixo Atlántico Ferroviario?
O
Goberno con data 4 de xullo de 2019 respostaba: “En relación co asunto
interesado, sinálase que a oferta de servizo de transporte ferroviario para a
relación Ourense-Santiago confórmaa o produto Avant de Alta Velocidade
Media Distancia e para o Eixo Atlántico os produtos Rexional e Media Distancia.
Estes
servizos, competencia da Administración Xeral do Estado, enmárcanse nas
denominadas Obrigacións de Servizos Público e, ao ser produtos/servizos
ferroviarios diferentes, dispoñen dun sistema e dunha estrutura tarifaria
diferentes"
RENFE
reiteraba nesa resposta a habitual argumentación, e diciamos neste blog o día
12 de xullo “que desde logo non é convincente xa que consideramos que debería
revisar a estrutura tarifaria cando eses dous diferentes produtos
utilizan trens da mesma clase e que circulan a velocidades moi parecidas. Os
servizos Avant en Galicia e os do Eixo Atlántico Ferroviario préstanse
con material rodante da serie S-121, pero os prezos dos primeiros son
aproximadamente un 0,20 €/Km superiores.”
Pois ben, hai uns días que o Consello de
Administración de Renfe aprobou realizar unha proposta ao Ministerio de Fomento
para manter os prezos nos títulos
multiviaxe (de 10 ou máis viaxes), e actualizar a tarifa media ponderada do 1%
para os servizos de Obrigación de Servizo Público (OSP).
Así, en Media Distancia, a tarifa xeral
actualizaríase en 2020 un 1,1% (Eixo
Atlántico) e en Media Distancia Alta Velocidade, nun 1,2%( Avant). No conxunto do servizo de
proximidade a tarifa actualizaríase nun 1%, sen incrementos desde 2015. En
todos os casos manteríanse os títulos
multiviaxe.
Respecto a os servizos comerciais aprobouse unha
subida con carácter xeral do 1,1% sobre as tarifas base (tarifa flexible) de
Ave, Euromed e Longa Distancia.
Considero que esta decisión de política tarifaria de Renfe segue incidindo na
discriminación xa que as viaxes entre A Coruña, Santiago e
Ourense subirán unha décima máis cas do corredor atlántico entre A Coruña e
Vigo.
Deste
xeito, se esta suba materialízase, viaxar da Coruña a Ourense custaría a partir do vindeiro 1 de xaneiro o billete sinxelo 25,60 euros, fronte aos 18,91 € do
traxecto entre A Coruña e Vigo.
Diante desta situación imos presentar
de xeito inmediato iniciativas no Congreso dos Deputados para seguir insistindo
na reclamamción dun trato non discriminatorio aos usuarios do corredor
Ourense-Santiago-A Coruña, e pediremos unha redución do prezo entre un 30 % e
un 40 %.
https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/aumenta-discriminacion-precio-tren-santiago-ourense/idEdicion-2019-12-27/idNoticia-1220799
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta