Novembro marca a maior caída da afiliación á Seguridade Social desde 2013


A afiliación media á Seguridade Social en España situouse en 19.376.878 traballadores en novembro, tras sumar 431.254 persoas afiliadas no último ano, un 2,28% máis.

En novembro a afiliación redúcese en 53.114 persoas (-0,27%), fundamentalmente por mor da finalización de contratos no sector da Hostalería. Novembro adoita ser un bo mes malo, pero os números deste ano son peores que os dos exercicios inmediatamente precedentes. Hai que ir ata 2013 para dar cun novembro peor.

Crecemento interanual
En termos interanuais, o Sistema gañou 431.254 afiliados, o que supón un 2,28% máis que en novembro de 2018. Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que suma por si só 417.266 traballadores (2,67%). O crecemento alcanza o 3,11% (449.699 afiliados máis) se falamos do Réxime Xeral sen ter en conta os sistemas especiais Agrario por conta allea e do Hogar.

Tamén aumentou o número de afiliados do Réxime Especial de Traballadores Autónomos, que sumou 14.955 persoas ocupadas respecto ao mesmo mes de hai un ano. A taxa interanual situouse en novembro no 0,46%.

O Réxime do Mar baixou un 0,35% (-227). O Réxime especial do Carbón contabilizou un descenso de 739 afiliados (-36,14%).

A afiliación aumentou en todas as comunidades autónomas no último ano. Neste sentido, destacan os crecementos da Región de Murcia (3,13%), Madrid (3,08%), Andalucía (2,76%), Navarra (2,71%) e a Comunidade Valenciana (2,69%).

Evolución  intermensual

Respecto ao mes de outubro, o Sistema computou 53.114 persoas afiliadas menos (-0,27%), co que o total se sitúa en 19.376.878. O Réxime Xeral baixou en 48.892 persoas afiliadas, cun  decremento do 0,30%, ata alcanzar os 16.041.754 traballadores. En novembro, a afiliación creceu en termos absolutos, principalmente, en Educación, en 26.723 traballadores; en Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, (15.222); Actividades Profesionais Científicas e Técnicas (4.428); Construción (4.197) e Industria Manufactureira (3.217).

Doutra banda, os maiores descensos rexistráronse en Hostalería (-105.048); Agricultura, Gandería, Caza,  Selvicultura e Pesca (-3.539).

En canto ao Sistema Especial de traballadores por conta allea Agrarios, finalizou o mes con 202 afiliados medios menos (-0,03%), e situouse en 739.974 ocupados. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Hogar contabilizou 644 afiliados máis (0,16%) e rexistrou 397.385 traballadores de media.

O Réxime de Autónomos contabilizou en novembro 3.269.092 afiliados tras restar 2.884 traballadores no último mes.

O Réxime Especial do Mar rexistrou 1.315 persoas afiliadas menos (-199%) ata situarse en 64.725. Finalmente, o Réxime Especial do Carbón contou con 23 ocupados menos, ata os 1.306 afiliados medios.

Por comunidades e cidades autónomas, o maior incremento no número de afiliados rexistrouse na Comunidade Valenciana (1,28%), seguida de Ceuta (1,05%) e Madrid (0,74%). O maior descenso produciuse en Illas Baleares (-15,59%), seguida da Rioxa (-1,54%), Estremadura (-1,18%) e Castela e León (-1,02%).

Galicia:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado novembro en 1.023.590 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 3.860 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (-0,38 %).   

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema
rexistrou un incremento de 13.719 ocupados, (1,36%), o que permite que Galicia encadee nove meses consecutivos por riba do millón de afiliados, en concreto 1.023.590, unha media de 38 novas afiliacións ao día

A afiliación ao Réxime Xeral terminou novembro con 792.404 afiliados medios, o Réxime de Autonomos con 209.563 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.622 afiliados medios.


Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado novembro  en 103.406 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 577 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,55 %). 


En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 965 ocupados, (0,94 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou novembro con 79.799 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.607 afiliados medios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.