No faladoiro de Voces de Galicia de Radio Voz


Participo esta  mañá, vía telefónica desde Ourense no  faladoiro  do programa Voces de Galicia de Radio Voz, que  moderou Antía Díaz e no que estivo tamén María Luz Canal.
Como tema principal abordamos a folga convocada por un colectivo denominado Asamblea de Áreas Sanitarias (AAS), que afectará a determinado personal de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.
Dixen que respetando o lexítimo dereito de folga, o certo e que a Xunta e o Sergas están dando resposta na nosa Comunidade a un problema de prestación do servizo na atención primaria que é de ámbito nacional e afecta a todo o sistema nacional de saúde.
Lembrei que o 98,8% das accións a curto prazo comprometidas polo Sergas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 están xa finalizadas ou en marcha, e a execución alcanza o 100% nas actuacións das liñas estratéxicas orientadas á dotación de recursos humanos no primeiro nivel asistencial e ao reforzo da formación e docencia.
Que en materia de recursos humanos estase a cumprir o compromiso de maior estabilidade, coa incorporación na oferta de emprego deste ano de 537 prazas do ámbito específico da Atención Primaria, entre as que se atopan 254 de médicos de familia, 93 de pediatras e 48 de enfermeiras especializadas.
Neste sentido dixen que o DOG do 12 de novembro publica, o nomeamento dos 241 aspirantes seleccionados na última oferta pública de emprego da categorías de médico de familia de atención primaria. Eles disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de decembro próximo.

Finalmente en relación coas queixas pola dotación económica para a atención primaria lembrei que a Xunta de Galicia vai destinar nos orzamentos de Galicia a Sanidade 4.109,6 millóns de euros para o ano 2020. Trátase da partida orzamentaria máis alta na historia da Consellería e supón un 40,5% do total do presuposto do Goberno galego. Desta cantidade, o 32%, uns 1.300 millóns, serán para a Atención Primaria.

Adicamos tamén uns minutos ás negociacións para unha investidura, afectadas onte polas declaracións desafiantes do dirixente de ERC, Gabriel Rufián, que presumía de “poñer e quitar gobernos, e reclamaba unha negociación entre executivos de igual a igual” “

Reclamei ao PSOE transparencia nestas negociaciones cos separatistas e a Sánchez que non vulnere a constitución cedendo en temas que corresponden á soberanía nacional. E lembrei que ten outras fórmulas para buscar a gobernabilidade de España.

Dixen compartir as palabras de onte do presidente Alberto Núñez-Feijóo - no programa televiso de Ana Rosa - asegurando que “se Sánchez quere falar dun acordo constitucional na rúa Génova collen o teléfono e poñémonos a falar diso. Se o señor Sánchez, o único que quere é humillarnos, ningunearnos e arrinconarnos, non o imos a facer. Se o PSOE deixa sen efecto o disparate de ERC que expón unha mesa de gobernos. Pero isto que é? Que lexitimidade ten este goberno para tomar decisións que afectan os galegos, aos andaluces, aos vacos? Se queren falar como partidos alá vostedes, pero entre gobernos?..Aquí estase rompendo os 40 anos de transición e de Constitución española para abrir un novo período constituínte"

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.