Vendo as obras de construción da LAV entre Taboadela e Ourense

Hoxe é o último día en que permanece interrompido o tráfico ferroviario na liña de ancho convencional Zamora-Ourense debido ás obras de construción da  LAV Madrid-Galicia en diversos puntos do trazado. Unha situación que ven desde o pasado día 5 de novembro.

Esta tarde visito as obras nalgúns puntos do tramo Taboadela-Ourense no que fixéronse traballos relacionados coa implantación do ancho de vía estándar neste traxecto, dun 16 km de lonxitude, o que permitirá a chegada da alta velocidade á cidade de Ourense. As principais actuacións que foran anunciadas eran seguintes:

- Substitución do actual  encravamento eléctrico de Taboadela por un electrónico.

- Instalación de novos elementos de sinalización na estación de Taboadela e o tramo Taboadela-Ourense.

- Implementación do bloqueo tipo BAU (Bloqueo Automático en vía Única) entre Taboadela e Ourense, con novo  recantonamento do traxecto.

- Adaptación do actual bloqueo BAU entre Paderne e Taboadela.

- Actualización do Control de Tráfico Centralizado (CTC) de Ourense, para adaptalo ás novas instalacións.

- Renovación total da vía xeral entre os puntos quilométricos 233/867 e 235/200.

- Montaxe de novos desvíos na estación de Taboadela e retirada dos existentes.

- Adecuación das rasantes en todas as vías de apartado de Taboadela e substitución do carril nas devanditas vías por carril  UIC 54.

- Rebaixe da plataforma actual en diversos puntos do tramo Taboadela-Ourense.

- Colocación de manta  antivibracións na plataforma do túnel nº 95.

- Reforzo do taboleiro do viaduto do Miño (Ourense capital).

- Outros traballos de tratamento de túneles, noiros e drenaxes existentes.

Esta tarde nas proximidades da estación de Taboadela había un amplo movemento de persoal e de medios traballando e preparando a vía para a sua inminente reapertura á circulación.

Estas fotos reflicten o que vin hoxe e constato que estos días sen tráfico ferroviarios foron moi ben aproveitadas polas empresas adxudicatarias do ADIF-AV.














Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.