En outubro medra o paro rexistrado, o maior aumento desde 2012

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2019.

No conxunto de España o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego nos últimos doce meses reduciuse en 77.044 persoas, situando o ritmo de diminución interanual no 2,37%.

O número de desempregados subiu en outubro en 97.948 persoas en relación co mes anterior. Esta cifra sitúa o número de persoas en paro en 3.177.659 persoas, a cifra máis baixa nun mes de outubro desde o ano 2008.

En termos  desestacionalizados, o paro subiu en 29.153 persoas no mes de outubro.
O desemprego masculino sitúase en 1.304.137 persoas, ao subir en 53.417 (4,27%) e o feminino en 1.873.522, ao incrementarse en 44.531 (2,43%) en relación ao mes de setembro. Se o comparamos con outubro de 2018, o desemprego masculino baixa en 36.053 (-2,69%) persoas, e o feminino redúcese en 40.991 (-2,14%).

O desemprego dos mozos menores de 25 anos en outubro incrementouse en 17.851 persoas (7,18%) en relación co mes anterior, mentres que o paro de 25 e máis anos sobe en 80.097 (2,83%).

Por sectores económicos, o paro presenta as seguintes variacións respecto a setembro: en Construción increméntase en 35 (0,01%); en Industria sobe en 5.851 (2,22%); Agricultura increméntase en 16.072 (12,06%); e en Servizos sobe en 71.918 (3,33%). Por último. o colectivo Sen Emprego Anterior increméntase en 4.072 persoas (1,52%).

O paro rexistrado baixou na Comunidade Valenciana (-542). Sobe, pola contra, nas 16 comunidades autónomas restantes, encabezadas por Andalucía (23.759) e Cataluña (14.644).

En canto a provincias, o desemprego rexistrado redúcese en catro, Valencia (-2.402), Almería (-2.057), Castelló (-209) e a Ciudad Autónoma de Ceuta (-90).

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en outubro en 7.323 persoas con respecto a setembro (un 4,66 %). 

O número de parados queda en 164.307, deles 68.897 son homes e 95.320 mulleres, 156.065 son maiores de 25 anos e 8.242 menores.

Por sectores, 5.806 son da agricultura, 18.159 da industria, 12.726 da construción, 113.574 nos servizos e 14.042 do colectivo sen emprego anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 5.437 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 3,20 %. 
o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de outubro. A Comunidade reduce o desemprego, ademais, a maior ritmo que o conxunto do Estado, onde diminúe nun -2,37%.

O desemprego, ademais, baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: as mulleres (-3,45%), os parados de longa duración (-9,04%) e os menores de 30 anos (-3,21%). O paro tamén descendeu nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades. Con respecto ás provincias, Ourense lidera o descenso (-5,40%), seguida da Coruña (-3,01%), Pontevedra (-2,96%) e de Lugo (-2,31%).

A caída do paro rexistrouse, así mesmo, en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-8,06%), seguida da agricultura e pesca (-4,43%), da industria (-4,12%) e dos servizos (-2%). 

Ourense:

Medra o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 958 persoas, un 5,39 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado,  1.069 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,40 %. 

O número de parados queda en 18.730, deles 7.957 son homes e 10.773 mulleres, 17.714 son maiores de 25 anos e 1.016 menores.

Por sectores, 1.040 son da agricultura, 2.151 da industria, 1.432 da construción, 12.280 nos servizos e 1.827 do colectivo sen emprego anterior. 

Con la tecnología de Blogger.