Eleccións Xerais 10N: Pechamos a campaña pedindo aos ourensáns que se unan nun voto esixente para que volva a estabilidade a España e se cumpra con Galicia


A última xornada de campaña de onte comezóu cunha ronda de prensa nun hotel na que Manuel Baltar, acompañado polos candidatos ao Congreso e ao Senado, ademais do coordinador de campaña e secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, agradeceu o traballo realizado por toda a organización popular, non só durante esta breve campaña senón en semanas anteriores, “porque somos a única formación desta provincia que podemos dicir que estamos en permanente actividade, haxa ou non eleccións”.


Así, Baltar destacou as 110 actividades realizadas polo partido entre reunións de órganos de dirección coas agrupacións locais dos sete partidos xudiciais da provincia, actos sectoriais ou encontros con axentes económicos e sociais.

“Esperamos un resultado consecuente con ese traballo –dixo- porque ademais somos a única formación que non agochamos os nosos obxectivos, que son conseguir tres dos catro deputados no Congreso en xogo e os tres senadores que tiñamos”. 

Logo fixemos campaña polas rúas da cidade para continuar as 20,00 nun mitín no local da Asociación de Veciños de A Ponte, no que intervín.

Fixen unha chamada ao voto unido en torno ao PP que é a única maneira de poder producir un cambio.

Unha mensaxe dirigida aos case 30.000 votantes doutras opcións, que quedaron sin escano.

Pechamos a campaña nunca vea mitín as 21,30 en Aixiña, en compañía de simpatizantes, militantes e interventores.

Grazas a todos eles polo seu esforzado traballo.




Con la tecnología de Blogger.