Eleccións Xerais 10N: Presentadas as candidaturas do PP pola provincia de Ourense


Onte o Comité Electoral Nacional do Partido Popular, ratificou as candidaturas para ás eleccións xerais do 10 de novembro que estarán integradas polas mesmas persoas que concurriron ás xerais do 28 de abril agás algúns cambios nas suplencias. 

Así, os candidatos son:



CONGRESO

1.- Ana Belén Vázquez Blanco
2.- Celso Luis Delgado Arce
3.- Avelino García Ferradal
4.- María Belén Gómez Quevedo

Suplentes
María Antonia Rilo Veiga
Manuel Prado López
Diana Sulleiro Lema
Sara Isabel Hermida Álvarez
José Ángel Sampayo Fernández

SENADO

1.- Miguel Ángel Viso Diéguez
2.- María del Carmen Leyte Coello
3.- Francisco José Fernández Pérez

Suplentes
1.- María Cristina Francisco Vílchez
     Joaquín Bautista Prieto Rodríguez

2.- Susana Vázquez Dorado
     José Luis Sousa López
    
3.- Rogelio Martínez González
     Pilar Monserrat Caride González

Agradezo moito ao PP de Ourense a proposta da miña candidatura e a ratificación pola dirección nacional. É unha gran honra ser candidato e aspirar a representar aos ourensáns no Congreso dos Deputados.

Aproveitamos onte para celebrar a para celebrar a primeira reunión do comité de campaña para planificar o calendario de actos de precampaña que se desenvolverá ata o próximo 31 de outubro, e que prevé unha intensa actividade ante a redución a oito días da campaña ás eleccións xerais para o 10 de novembro. 

Neste encontro, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, pediu aos populares ourensáns “enerxía e contundencia para seguir crecendo en apoio electoral, como ocorreu nas xerais de abril e nas municiais de maio, e converter a Ourense en exemplo fronte a un escenario político excepcional”.

Logo da reforma impulsada polo Partido Popular e aprobada polo Congreso dos Deputados en outubro de 2016, a Lei Electoral regula o proceso de repetición das eleccións no caso dunha investidura fallida, como á de Pedro Sánchez, reducindo entre outros aspectos a duración da campaña electoral, que pasa de quince a oito días de duración.

Sobre esta base, o Partido Popular de Ourense fará un esforzo especial no periodo de precampaña, ata o día 31 de outubro, pois segundo afirmou  Manuel Baltar, que encabeza o comité, “hoxe máis que nunca precisamos de todo o tempo posible para seguir a trasladar á cidadanía tres importantes mensaxes: somos unha forza de goberno, con demostrada capacidade de buscar pactos para dar estabilidade e gobernos sólidos e cun único interese por encima de todo que é Ourense”.

Un dos piares desta precampaña, así como da propia campaña electoral, estará na cidade de Ourense, anunciou a dirección provincial, polo que realizará un “esforzo extra” implicando aos candidatos ao Congreso e ao Senado e aos deputados autonómicos en todas as actividades previstas, ao tempo que membros do Comité de Campaña provincial tamén se integrarán no comité da cidade.


Con la tecnología de Blogger.