Eleccións Xerais 10N: O PP moviliza ás agrupacións locais para conseguir por terceira vez neste ano o maior apoio electoral na provincia


Onte déronse cita na sede central do PPdeOU ás agrupacións locais dos 19 concellos que forman parte do Partido Xudicial de Ourense, dentro da correspondente xunta electoral de zona, na primeira das reunións previstas para os próximos días por toda a provincia

Un amplo programa de encontros que, segundo destacou o secretario xeral dos populares ourensáns, Rosendo Fernández, “ten como obxectivo movilizar toda a maquinaria do noso partido para conseguir, por terceira vez nun ano, o maior apoio electoral na provincia”.





Fernández recordou que unha das principais características do PP ourensán é a súa constante actividade e implicación de cargos, militantes e simpatizantes, “o que se traduce nunha potente organización dos axentes electorais que agora só temos que impulsar”.

Á reunión de hoxe, a que asistín, foron convocados os representantes populares nos concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueia de Espadanedo, aos que se detallaron os principais obxectivos marcados pola dirección provincial para a próxima cita coas urnas.

Con la tecnología de Blogger.