Eleccións Xerais 10N: En Ríos, no Centro de promoción, produción e comercialización da castaña e coñecendo as demandas do importante sector agrofoestal

As políticas de desenvolvemento, creación de oportunidades e emprendemento do Partido Popular teñen o seu eixo na procura constante de colaboración entre as administracións, subliñamos os candidatos populares ao Congreso e ao Senado logo da visita que hoxe realizamos ao Concello de Riós, onde coñecemos en detalle o labor que realiza o Centro Agroforestal ubicado neste municipio, así como a empresa máis importante do Val de Monterrei e unha das máis potentes de Galicia no sector de maquinaria agrícola e forestal.

Ana Vázquez e Celso Delgado, candidatos ao Congreso, e Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández polo Senado iniciarmos a xornada de traballo en Riós, onde acompañados polo alcalde, Francisco Armando Veiga, e membros do seu goberno local, visitamos o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, destacando a súa importancia en tanto que a promoción, produción e comercialización da castaña, como produto diferenciador e motor da economía rural, son cuestións provinciais de primeira orde.
O Centro Agroforestal de Riós, que dá servizo ás comarcas de Conso-Frieiras e Monterrei asesorando aos produtores, resolvendo dúbidas e axudando mediante a investigación a conseguir unha produción da máxima calidade, é segundo subliñaron os candidatos un claro exemplo da colaboración entre administracións.
Así, por unha banda destacamos o apoio constante da Deputación de Ourense, que para este mandato e dentro do plan de goberno 72-73 inclúe asumir a xestión deste centro, complementando deste xeito o traballo que se desenvolve, desde hai anos, no centro que a institución provincial ten en Xinzo de Limia, centrado na pataca. Por outro lado, puxemos en valor o apoio da Xunta de Galicia, facilitando a incorporación ao centro de técnicos especialistas e involucrada na loita contra a praga da avispilla.
Este carácter cooperador tamén foi destacado no ámbito da maquinaria agrícola e forestal, lembrando os candidatos as distintas axudas que concede a Deputación e maila Consellería de Medio Rural aos concellos para a adquisición de tractores ou brazos para desbroces.
Para coñecer máis de preto o sector da maquinaria agrícola, os candidatos tamén visitamos a empresa "José Estévez As Ferreiras S.L.", a máis importante do Val de Monterrei e unha das de Galicia no seu ámbito. 

Alí, lembramos a preocupación existente entre os agricultores polo denominado “dieselazo”, xa que aínda que o Goberno central mantén que o aumento do prezo deste combustible non lles afectaría están preocupados pola afirmación da ministra de Transición Ecológica, Teresa Ribera, ao dicir que os motores diésel teñen os días contados, criticando os candidatos este tipo de declaracións “cando o investimento nun tractor ten unha elevada contía para os agricultores sen que exista por ahora alternativa algunha”. 


Tamén visitamos en Riós a Área de Servizo da A-52 "O Viaxeiro". do mesmo grupo empresarial, que atende  durante 24 horas aos automovlistas e os transportistas. ofertando un recoñecido servizo de restauración de alta calidade, proporcionando abundante emprego.
A piques de rematar un amplo calendario de precampaña, con máis de trinta actividades desenvolvidas ao longo do presente mes de outubro, e logo de escoitar a alcaldes e empresarios, os candidatos quixemos destacar que constataran a necesidade de traballadores nos ámbitos agrario e de servizos no rural,  polo que avogaron por seguir a facer un esforzo conxunto entre administracións tanto na formación como na promoción de emprego.
Con la tecnología de Blogger.