Demandando unha solución para que haxa unha "transición xusta” que garanta a continuidade dos empregos en As Pontes

Visito esta mañá o  concello coruñés de As Pontes para coñecer in situ a situación xerada como consecuencia do anuncio de Endesa de pechar a central térmica.

Acompañado polo concelleiro do Partido Popular, Javier Acosta,tiven oportunidade de falar co presidente da Asociación de Transportistas de Carbón das Pontes, Manuel Bouza, e coñecer a complicada e angustiosa situación na que se atopan uns 150 camioneiros que viñan facendo o transporte de carbón á central e que levan máis de cinco meses sen realizar viaxe algún como consecuencia da unilateral decisión empresarial.

Reclaman unha solución para que haxa unha "transición xusta” que garanta a continuidade dos empregos. 


Onte  a Xunta de Galicia representada polo conselleiro Francisco Conde e outros directivos foron a Madrid cun obxectivo claro: ser construtivos e apoiar unha fronte común que busque solucións reais á situación actual da central térmica das Pontes.



O Goberno, a través da ministra para a Transición Ecolóxica, confirmou que non ten ningunha alternativa viable que garanta a continuidade da actividade industrial e dos postos de traballo.

Para afrontar o caos enerxético que ten provocado pola súa inacción, o único que pide o Goberno é tempo; e tempo é precisamente o único que non temos. Fronte a ruptura enerxética do Goberno, defendemos unha transición enerxética ordenada; e fronte a paralización total da térmica, defendemos a súa reactivación mentres se buscan os mecanismos que garantan a viabilidade futura da instalación e, sobre todo, das 750 familias afectadas.

Neste sentido, a Xunta aproveitou a citada reunión para presentar as súas propostas, nas que combina:




• Medidas fiscais para a reactivación inmediata da central mentres se traballa nesta transición enerxética. O Goberno pode levar mañá mesmo ao Consello de Ministros a eliminación do céntimo verde e a solicitude a Europa do establecemento de pagos por capacidade para as térmicas.

• E a posta en marcha da Estratexia de Transición Xusta, aprobada polo Goberno pero na que non avanzou pese a que si inclúe as centrais térmicas.

 
Para a Xunta, estas solicitudes son unha prioridade. É a única maneira de que Galicia teña garantías de que a mesa de traballo constituída onte sexa efectiva e acabe na aprobación de medidas que permitan unha transición enerxética xusta.

Nós cremos que As Pontes ten futuro.

• En ningún momento Endesa dixo non a reactivar a central se o Goberno aprobaba medidas fiscais.
• En ningún momento o Goberno se opuxo ás nosas propostas para que Galicia conte cun plan de acción urxente para unha transición xusta.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.