No Día Mundial do Turismo: «Turismo e emprego: un futuro mellor para todos»

Celebramos hoxe o Día Mundial do Turismo, que este ano se articulará en torno ao tema de «Turismo e emprego: un futuro mellor para todos».

En España o emprego en turismo representa o 13,6% do total da economía e constitúe unha das principais pancas de creación de emprego.

A Organización Mundial de Turismo OMT a través do seu secretario xeral  Zurab  Pololikashvili  emitiu un comunicado no que destaca que “o turismo pode axudarnos a forxar un futuro mellor para todos. Ao redor do mundo, o sector turístico é unha fonte principal de emprego, que sustenta moitos millóns de postos de traballo e impulsa o progreso económico, tanto a nivel local como nacional.

Por outra banda, é tamén un catalizador de igualdade e inclusión. En moitos lugares, o emprego no turismo ofrece ás mulleres, os mozos e aqueles que viven nas comunidades rurais a oportunidade de manterse a si mesmos e ás súas familias, así como de integrarse máis plenamente na sociedade en xeral.

O auténtico potencial do turismo, en termos de creación de emprego e como motor de igualdade e de desenvolvemento sustentable apenas se está materializando. Parte esencial dese potencial confórmano a creación de oportunidades de traballo decente e a contribución ao desenvolvemento de habilidades profesionais. Se se xestiona adecuadamente, o crecemento continuado do noso sector abarcará innumerables oportunidades e logrará que o turismo estea á altura da súa responsabilidade social a nivel mundial para non deixar a ninguén atrás.

Ningunha actividade económica, social ou humana por si soa prospera de forma illada. Por este motivo, os gobernos e interlocutores dos sectores público e privado colaboran cada vez máis para xestionar o turismo de forma responsable e sustentable, así como para velar por que se aproveite adecuadamente o enorme potencial que encerra.

Do mesmo xeito que a nova tecnoloxía está a transformar como viaxamos, tamén modifica como traballamos. O turismo é pioneiro á hora de dar aos traballadores as habilidades e o coñecemento que necesitan para o emprego do futuro. Asumir este espírito creativo, incluída unha eficaz cooperación con colaboradores no sector tecnolóxico e nos círculos académicos, impulsará a creación de máis e mellores postos de traballo.

Ao celebrar o Día Mundial do Turismo, recoñezamos a capacidade transformadora do turismo. Xuntos, podemos facer realidade o potencial do turismo de forxar un futuro mellor e máis igualitario"

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.