miércoles, 25 de septiembre de 2019

No debate sobre do Estado da Autonomía, escoitando ao presidente Alberto Núñez Feijóo



Asisto hoxe no Parlamento de Galicia ao Debate sobre do Estado da Autonomía.

Nel o presidente Alberto Núñez Feijóo entre outras cousas dixo:

1. Aprobaranse os próximos Orzamentos 2020 en prazo legal.
2. Está en elaboración o Plan Estratéxico 2021-2030.

GALICIA MOZA:

3. Este curso aprobarase o Plan de Orientación Profesional.  
• Incorporará un segundo orientador comezando polos 20 centros con maior número de alumnos.
4. Impulsarase o Proxecto Galicia 2030.
• Traerá novas titulacións de acordo coas universidades.
5. Traballaremos no novo Plan contra o acoso escolar.
6. Convocaranse novas axudas para o carné de conducir para turismo e camión.
7. Desde 2020 as instalacións xuvenís da Xunta estarán a disposición fóra da tempada estival.
8. A campaña do verán 2020 para a xuventude terá máis prazas que nunca.
9. Estenderemos a Tarxeta Xente Nova a toda Galicia e ata os 21 anos.

GALICIA FAMILIAR:
10. Habilitarase unha liña de axudas extraordinaria para os 23 concellos que aínda non teñen un centro de conciliación.
11. Os beneficiarios da Tarxeta Benvida recibirán 2.400€/ano polo terceiro fillo durante os tres primeiros anos.
12. Incrementarase nun 25% a contía da Tarxeta Benvida para as familiar que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes.
• 1.500€ polo primeiro e segundo fillo.
• 3.000€ polo terceiro fillo.
13. Financiarase que as empresas contraten persoal para que os seus traballadores poidan conciliar.
14. Bonificaremos as peaxes autonómicas para as familias numerosas.
15. Estipularemos que os novos establecementos conten con cambiadores accesibles para nais e pais e prazas de aparcamento para familias.
16. Estrearemos unha nova Caixa Benvida, máis completa e útil.
17. Crearemos unha distinción para os establecementos concienciados coas familias cun fillo celíaco.
18. Impulsaremos a creación de parques infantís cubertos.
19. Ampliaremos os recursos para facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.
20. A partir do 1º trimestre de 2020 garantiremos que a educación infantil de 0 a 3 anos será totalmente gratuíta a partir do segundo fillo para todas as familias.
• Proporemos ao Goberno central colaboración e cofinanciamento para que sexan 100% de balde desde o primeiro fillo.
21. Estenderemos o autobús de coidados porta a porta aos 200 concellos de menos de 5.000 habitantes.
22. Aprobaremos o Decreto de concerto social.
23. Estamos a elaborar un protocolo de atención aos maiores que viven sos.
24. Creamos un catálogo de postos da Administración para persoas con discapacidade.
25. Aprobaremos un novo Decreto de accesibilidade.
26. En 2020 actualizaremos os obxectivos da Axenda Social Única.
27. Crearemos un selo de calidade para as empresas que traballen activamente pola inclusión.
28. Ampliaremos as patoloxías con tempos máximos de espera.
29. Completaremos a remodelación do hospital da Mariña no primeiro semestre de 2020.
30. Continuaremos coa ampliación das urxencias no hospital do Barbanza.
31. Continuaremos a reforma do hospital do Meixoeiro en Vigo.
32. Avanzaremos na remodelación do hospital de Monforte.
33. Continuaremos coa remodelación do hospital do Barco.
34. Executaremos a mellora prevista das urxencias no hospital de Verín.
35. En outubro de 2019 iniciaranse as obras do hospital de Ferrol.
36. Antes do fin de 2019 licitaranse as obras do Gran Montecelo de Pontevedra.
37. Nos vindeiros días adxudicarase a redacción do proxecto de ampliación do Complexo Hospitalario de Santiago.
38. Completaremos a renovación do Complexo Hospitalario de Ourense cun novo edificio de hospitalización e a reforma do Materno-Infantil.
39. O próximo trimestre decidirase a ubicación do Novo Hospital da Coruña.
40. Impulsaremos 24 novos centros de saúde.
41. Entre os novos centros sanitarios, iniciarase en menos de catro meses o novo CIS en Lugo.
42. Antes de que remate este presentarase un novo CIS en Vigo.
43. Antes do fin de 2019 comezarase a pilotaxe da detección precoz do cancro de cervix.
44. Aprobaremos o Plan de Saúde Mental.
45. Proximamente aprobaremos o Plan Oncolóxico.
46. Novo Plan de humanización de centros.

GALICIA INNOVADORA:
47. Sistema electrónico integral na administración electrónica.
48. Estratexia Dixital Galicia 2030.
49. Estase a elaborar o Decreto que permita acreditar competencias dixitais.
50. Traballamos nunha estratexia de intelixencia artificial.
51. Crearemos a rede de nodos de especialización tecnolóxica.
52. Aprobaremos unha liña de axudas para fomentar as casas intelixentes.
53. Impulsaremos a Estrada 4.0 para o desenvolvemento do coche autónomo.
54. Poremos en marcha a Estratexia Innovación Pemes.
55. Lanzamos a nova Axenda 4.0 con 350M€ ata 2022.
56. Polo Industrial TIC da Coruña.

GALICIA VERDE:
57. Na primeira metade de 2020 aprobarase o primeiro plan básico municipal.
58. A próxima semana aprobaremos a Estratexia de Cambio Climático 2050.
59. Impulsaremos a Estratexia de Economía Circular 2030.
60. Crearemos un novo ente para a xestión do ciclo da auga de adhesión voluntaria para os concellos.
61. En 2019 remitiremos a nova Lei de Residuos ao Parlamento.
• Fomentarase que os concellos implanten plantas de compostaxe.
62. Nesta lexislatura establecerase un sistema para o tratamento dos residuos das granxas animais.
63. En 2020 impulsarase un Ecobarrio na Coruña.
64. En 2020 ampliaranse as axudas para renovar vehículos ao sector do taxi.
65. En 2020 aprobaremos o Plan de Eficiencia Enerxética 2020-2024.
• 20.000 familias recibirán axudas para a redución do consumo enerxético.
66. Crearase un Plan Renove de electrodomésticos.
67. Impulsaremos a iniciativa de aldeas modelo para a recuperación da terra, prevención de incendios e creación de actividade económica.
68. En 2019 aprobarase o Plan de reforzamento da marca Galicia Calidade.
• Crearase unha finca escaparate en Sergude.
69. Este ano entrará na Cámara a Lei de Recuperación e Posta en Valor da Terra Agraria.
• Inclúe o Banco de Explotacións, para solucionar os problemas de relevo xeracional.
Novo paquete de impulso fiscal ao rural:
70. Incentivaranse os arrendamentos pactados a través do Banco de Terras.
71. Incentivarase a mobilización de parcelas que se integran nun polígono forestal.
72. Incentivarase a participación de proxectos de investidores no rural.
73. Incentivarase o uso de instrumentos de xestión conxunta da terra.
74. Estenderemos a Hospitalización a Domicilio a todo o territorio os 365 días do ano.
75. Garantiremos, en alianza coa Fegamp, que todos os concellos conten cun caixeiro.
76. Completaremos a cobertura 4G no rural.
77. Crearemos microparques industriais.
78. Aprobaremos un novo Plan Forestal.
79. Estableceremos axudas ao alugueiro en concellos de menos de 10.000 habitantes con dinámica demográfica negativa.
80. Crearemos puntos de recollida de compras no rural para beneficiarse do comercio dixital.

OUTRAS MEDIDAS:
81. Ampliaremos o Plan de Mellora de Aloxamentos Turísticos aos establecementos de restauración.
82. Aprobaremos unha Orde de axudas para combater o “feísmo” nos Camiños.
83. Impulsarase o programa “Camiño Accesible”.
84. Apostarase polo turismo interno co programa “Galicia Única”.
85. Abrirase unha segunda edición de “O Teu Xacobeo”.
86. Nas próximas semanas iniciaremos contactos coas 7 cidades de Galicia para descentralizar o Xacobeo 2021.
87. Nos Orzamentos 2020 incluiranse un novo paquete de rebaixas fiscais.
88. En 2020 promoveremos a colaboración con todas as institucións para a celebración do centenario da Xeración Nós.
89. Centralizaranse os apoios ás vítimas de violencia machista nas Oficinas xudiciais de atención.
90. Introduciranse cláusulas de igualdade na contratación pública.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta