Novas respostas do Goberno sobre as obras da LAV a Galicia


Os deputados do PP por Ourense no Congreso fixemos en maio e xuño estas tres preguntas parlamentarias para facer un seguimento as obras da LAV a Galicia.

Agora acaban de ser respostadas polo Goberno e damos conta delas:

¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?

O 31 de xullo de 2019, o Goberno contesta: “En relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia subestación de tracción de ADIF”

¿Que actuacións se realizaron dentro da fase de probas do tramo finalizado de alta velocidade ferroviaria entre Zamora e Pedralba de la Pradería inscito na LAV Madrid-Galicia?

O 31 de xullo de 2019, o Goberno contesta: “En relación co asunto interesado sinálase que realizáronse as primeiras probas de vía e electrificación así como os correspondentes traballos correctivos tras as mesmas. Por tanto, están a facerse na actualidade novas comprobacións para verificar a idoneidade das modificacións realizadas. En paralelo, tamén se iniciaron as probas de instalacións de seguridade”

¿Que previsións ten o Ministerio de Fomento para licitar as obras correspondentes ao tramo da  LAV a Galicia  Seixalbo- Ourense, cumprindo así cos compromisos para avanzar nesta conexión?



O 31 de xullo de 2019, o Goberno contesta: “En relación co asunto interesado sinálase que actualmente trabállase coa previsión de aprobar os proxectos durante este ano 2019, o que permitiría, a licitación das obras”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.