miércoles, 21 de agosto de 2019

Neste mes de agosto cúmprense dez anos da primeira entrada do Blog de Celso Delgado

Este mes no que estamos  cúmprense 10 anos deste Blog, e creo que merece a pena facer algúns comentarios.

A primeira entrada tivo un motivo ferroviario. Daba conta o 2 de agosto de 2009 da miña participación en Zamora nun Foro institucional impulsado pola Deputación Provincial e o Concello de Zamora no que debatemos sobre a necesidade de reivindicar ao Goberno central «a urxente» finalización das obras do AVE a Galicia por Zamora, e esixir maior investimento.

Este é a ligazón:


Desde aquela data e ata o día de hoxe publiquei 4.497 entradas (máis dunha por día) que como se pode ver consultando o índice de etiquetas, abordaron estes temas:

Actividade Parlamentaria (392)
Agricultura (3)
Agricultura-Pesca (23)
Alberto Núñez (292)
Ana Pastor (90)
Comercio (12)
Comisión de Fomento (101)
Concello de Ourense (17)
Consello de Ministros (2)
Cultura (137)
Defensor del Pueblo (1)
Demografía-Migracions (40)
Deporte (23)
Deputacións (15)
Economía (529)
Educación (17)
Eleccións (314)
Emprego e Seguridade Social (311)
En actos públicos (196)
En twitter (1)
Enerxía (37)
Estradas (220)
Ferrocarril (544)
Gandería (5)
Igualdade (5)
Imaxes (6)
In memoriam (35)
Innovación (16)
Interior (18)
Internacional (33)
Íñigo de la Serna (38)
Jesús Vázquez (33)
Manuel Baltar (54)
Mariano Rajoy (246)
Marítimo (6)
Medio Ambiente (127)
Naval (26)
Nos medios de comunicación (230)
Orzamentos (151)
Pablo Casado (24)
Partido Popular (301)
Política Estado (141)
Política-Galicia (129)
Políticas Sociais-Sanidade (86)
Portos (3)
Religión (14)
Termal (20)
Terrorismo (11)
Transporte (69)
Turismo (68)
Unión Europea (88)
Universidade (4)
Varios (8)
Vídeos (3)
Vivenda (37)
Xustiza (47)

Desde o primeiro día quixen darlle ao meu blog un contido informativo que dese a coñecer o meu traballo político e parlamentario  e aqueles temas que máis me preocupan, que como se pode ver son os económicos e os relacionados coas infraestruturas e fomento. Tamén o seguimento a dúas figuras políticas de enorme categoría do Partido Popular: Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy

Todas as entradas do meu blog foron redactadas polo meu, sen prexuízo de acudir a fontes informativas como páxinas oficiais de institucións.

Máis do 75 % das entradas foron publicadas en galego.


Agradezo moito aos seguidores habituais deste blog a súa fidelidade e aos ocasionais tamén. Espero seguir merecendo a súa atención