Nunha entrada deste Blog do pasado 1 de abril de 2017 daba conta de que Adif Alta Velocidade adxudicara a construcción dun cambiador de anchos en Lobeznos, Pedralba de la Pradería o 29 de marzo dese ano á empresa AZVI por 5.195.991 euros (IVE incluído) e cun prazo de execución de 13 meses.
Un cambiador que permitirá conectar a vía única sen electrificar de ancho convencional Zamora-A Coruña, á altura do punto quilométrico 112, co novo tramo de alta velocidade en construción Zamora-Lubián, nunha zona de intersección de ambos os trazados próxima a Lobeznos - Pedralba.
Unha instalación que posibilitará o uso do 111 km de trazado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería, mentres finaliza a construción do tramo Pedralba-Ourense (118 km aproximadamente).
O obxectivo do cambiador de anchos dual de Lobeznos é a mellora no aproveitamento da explotación conxunta da rede de Alta Velocidade e a rede de ancho convencional, o que redundará en aforros nos tempos de viaxe e na mellora da xestión dos activos ferroviarios.
As instalacións do cambiador de anchos constan dun foso de dimensións interiores de 16 m de lonxitude e 7,4 m de anchura, no que se situará un cambiador de anchos dual, no interior dunha nave. A instalación complétase con fosos de observación, que permiten o control dos eixos dos trens, previamente ao proceso de cambio de anchos.
O 3 de xaneiro deste ano estiven en Lobeznos en vin moi avanzadas as obras do cambiador, áinda que en plenas obras o enlace coa vía convencional.
Lembrar con motivo de la próxima posta en servizo do tramo de alta velocidade Zamora-Pedralba de la Pradería, en maio deste año foi efectuada a montaxe dun desvío que conecta a liña convencional Zamora-Ourense no punto quilométrico (PQ) 112/405 co cambiador de ancho de Pedralba.
Hoxe fun a primera hora desta mañá correndo desde Sanabria a Lobeznos, e así tiren ocasión de ver toda a vía esta finalizada e o cambiador está xa totalmente rematado.
Estas fotos o acreditan.