Nos actos conmemorativos do 22 aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco


Asisto esta tarde en Madrid, nos "Xardíns Miguel Ángel Blanco" do distrito de  Chamartín aos actos conmemorativos do 22 aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco.

Neles interveu a súa irmá María del Mar Blanco, o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida; o presidente en funcións da Comunidade, Pedro Rollán, e o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado.

Este último:

Afirmou que a democracia ten nas vítimas do terrorismo un alicerce esencial e advirte de que se este ráchase, acabaranse caendo os fundamentos básicos do noso Estado de Dereito. “España estará sempre en débeda cos heroes da nosa liberdade, ás vítimas do terrorismo”

Reclamou que os herdeiros de Batasuna non poidan ser interlocutores políticos e recalca que non se poden pactar mesas en parlamentos autonómicos con  Bildu nin ter representantes políticos desta formación en medios de comunicación que pagamos todos os españois.

Lembrou que o PP propuxo reformas lexislativas para que os crimes terroristas sexan considerados delitos de lesa humanidade, non se poidan celebrar homenaxes a terroristas que saen do cárcere, e a necesidade de que estes colaboren no esclarecemento dos crimes para obter beneficios penais.

Eloxiou que a vítimas do terrorismo non pidan vinganza nin desquite, senón “memoria, dignidade e xustiza”, e móstrase convencido de poder derrotar ao “relativismo, a  equidistancia e o cinismo hipócrita” de pensar que se pode pasar páxina da historia sanguenta de ETA.


Quixen estar neste acto xa que Miguel Ángel Blanco, estivo sempre moi vencellado a  Ourense, onde nacreron os seus pais e repousan os seus restos. 

En 2017  recbiu a Medalla de Galicia a título póstumo. Nese acto no que estiven presente, o presidente da Xunta de Galicia dixo: Miguel Ángel Blanco foi asasinado porque era libre. A súa divisa era a liberdade e por iso sería sinalado polos autores que pretenderon un xenocidio de demócratas. 

Con esa mesma liberdade que os asasinos non podían soportar, honramos neste día un ourensán vítima dun crime que dificilmente admite esquecemento ou perdón. Fronte a modernas rebeldías que non supoñen risco ou ameaza para os seus autores, Miguel Ángel, e tantos coma el, rebeláronse contra o terror, poñendo en perigo a súa vida; e perdérona. 

No seu nome queremos resumir as biografías de todos os que caeron defendendo unha España, un País Vasco, unha Galicia, libres. Grazas á súa irmá, aos seus pais, aos pobos de Ermua e da Merca, e a todas as familias das vítimas do terrorismo, por manter a dignidade da democracia e confiar no poder do Estado de Dereito.”


Hoxe seguen de actualidade esas palabras


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta





Con la tecnología de Blogger.