En xuño, a afiliación media á Seguridade Social superou os 19,5 millóns de persoas ocupadas

A afiliación media á Seguridade Social superou en xuño os 19,5 millóns de persoas ocupadas (19.517.697); trátase do mellor dato da serie histórica desde que se teñen rexistros. Neste mes, o sistema sumou 75.584 traballadores e traballadoras (0,39%); e 510.707 nos últimos 12 meses (2,69%). Ata este mes, o maior dato de afiliación correspondía ao mes de xullo de 2007 con 19.493.050, é dicir, 24.647 persoas afiliadas menos que en xuño deste ano.

En termos  desestacionalizados, a afiliación media de xuño de 2019 aumentou respecto a maio de 2019 en 32.732 traballadores, o que supón un incremento do 0,17%.

Outro dato significativo é o número de mulleres afiliadas á Seguridade Social, que supera o resultado de maio, con 9.050.836 persoas, a cifra máis alta que figura nos rexistros. Representan o 46,37% do total de ocupados.

Neste sentido, hai que destacar que o balance dos últimos doce meses mostra que continúa crecendo máis o emprego de mulleres que de homes, tanto en cifras absolutas como en taxa. No último ano o número de ocupados incrementouse en 239.000, o 2,34%; no mesmo período, a cifra de ocupadas aumentou de 271.707, o 3,09%.

Balance respecto ao mes anterior

O Réxime Xeral rexistrou un incremento de 65.014 persoas (0,40%), o que eleva a cifra ata 16.162.452 ocupados.

Trátase do dato máis alto de toda a serie histórica, desde que se produciu a integración dos Réximes Agrario e de Hogar. Se se considera o Réxime Xeral puro –sen os Sistemas Especiais integrados en 2012- é o mellor rexistro (16.162.452), seguido do dato que se consignou o pasado maio (16.097.438).

En xuño, creceu a afiliación na maioría dos sectores económicos, especialmente en Hostalería, con 37.225 (2,63%); Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, 31.799 (2,06%); Comercio e Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas con 28.217 (1,16%), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 21.395 (1,62%); Industria Manufactureira, 10.551 (0,57%) e Construción, 7.809 (0,88%).

En sentido contrario, o maior peso corresponde a Educación que, coincidindo co fin do curso escolar, rexistra un descenso de 53.423 (-5,46%).

En canto ao Sistema Especial Agrario, rexistra 30.927 persoas ocupadas menos (-3,83%), e sitúase en 777.328 afiliados e afiliadas medios. Trátase dun descenso similar ao rexistrado nos últimos anos xa que o mes de xuño coincide coa finalización dalgunhas campañas agrícolas.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregadas do Hogar baixa en 1.163 (-0,29%) e alcanza os 405.701 traballadores e traballadoras. O Réxime de Autónomos conta con 3.286.600 persoas, tras incrementarse en 8.745 (0,27%) no mes.

Respecto ao Réxime Especial do Mar, suma 1.985 ocupados e ocupadas (3,04%) ata situarse en 67.269. Finalmente, o Carbón está constituído por 1.377 afiliados e afiliadas, que descende en 160 persoas.

A cifra da a Seguridade Social aumenta en xuño na maioría das Comunidades Autónomas, especialmente en Cataluña (28.596), Baleares (23.127), Castela-A Mancha (10.731), Comunidade de Madrid (9.838), Castela e León (7.706), Aragón (6.851) e Galicia (6.787).

Descende en dúas comunidades autónomas: Andalucía (33.321) e Región de Murcia (2.081).

Respecto a 2018

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 510.707 ocupados e ocupadas, o 2,69%. O Réxime Xeral increméntase en 498.352 persoas (3,18%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,40%, o que se traduce nun crecemento de 13.042 persoas. O Réxime do Mar creceu en 0,28% (188) e o Carbón rexistrou descenso de 874 (-38,84%).

En termos anuais a ocupación avanza na maioría de provincias e en todas as Comunidades e Cidades Autónomas destacando porcentualmente os incrementos da Comunidad de Madrid (3,55%), Comunidade Valenciana (3,38%), Región de Murcia (3,22%), e as ciudades autónomas de Ceuta (5,38%) e Melilla (8,16%).

Galicia:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xuño en 1.025.192 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 6.787 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,67 %). 

Na comparativa co Estado, en Galicia crecen máis o número de afiliacións (Galicia: +0,67%; España: +0,39%). Son 6.787 no último mes (226 afiliacións ao día).

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 793.104 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 211.344 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.745 afiliados medios

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un incremento de 18.693 ocupados, (1,86 %). É a mellor cifra desde agosto de 2010 


Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xuño en 103.326 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 744 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,73 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 299  ocupados, (0,29 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 79.444 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.882 afiliados medios. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.