miércoles, 8 de mayo de 2019

Presentando as credenciais no Congreso dos Deputados

Viaxo esta mañá a Madrid para presentar no Congreso dos Deputados a credencial expedida pola Xunta Electoral Provincial de Ourense.

Actividade que compartín con outras deputadas galegas do Partido Popular como Marta González,  Tristana  Moraleja e Ana Belén Vázquez.

Os deputados debemos encher varios formularios, sendo os máis relevantes as declaracións de bens e rendas e de actividades.

Tamén debemos pousar para unha fotografía para a ficha parlamentaria.

En todo caso non adquiriremos a  condición plena  de deputados ata que chamados un a un, xuremos ou prometamos a Constitución na sesión constitutiva do novo Congreso, que terá lugar o 21 de maio.

Nesa sesión elixiremos á Presidencia do Congreso e ás catro Vicepresidencias e catro Secretarías que forman a Mesa da Cámara.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta