Nos actos conmemorativos do 175 aniversario da fundación da Garda Civil

Participo onte nos actos celebrados na  Comandancia da Garda Civil de Ourense e conmemorar  o 175 aniversario da súa fundación.

Un acto presidido polo coronel Manuel Javier  Novo  Colldefor, e o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso.

Colldefors,  dió unhas pinceladas á historia da Benemérita na provincia, na que entre os anos 1844 (data en que comezou a vixilancia) e 1859 foron detidos 3.563 ladróns, 209 prófugos da xustiza e 316  desertores do Exército. Entón a provincia tiña 356.000 habitantes (10.000 na cidade) e a Garda Civil (catro oficiais, catro sarxentos, 10 cabos e 60 axentes)


 A banda de música, coñecida como de Banda de Guerra da Brigada Galicia número 7 do Exército de Terra, con sede en Pontevedra, amenizou o acto. Houbo recordo aos caídos, entrega de condecoracións e homenaxe axentes xubilados ou na reserva. E finalizou cun desfile.

Parabéns!

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.