domingo, 19 de mayo de 2019

Locais 2019: na Pobra de Trives, apoiando a o candidato Domingo Diéguez



Participo onte na xornada electoral do Partido Popular de Ourense, facendo campaña pola mañá nas rúas de Ourense e pola tarde asistindo a dous mitins, un na parroquia ourensán de Vilar acompañando a Jesús Vázquez-  o candidato a alcaldía de Ourense- e outro na Pobra de  Trives.


Nesta última vila e diante dun auditorio completo, escoitamos primeiramente o programa electoral co da candidatura do PP, que encabeza Domingo Diéguez, o actual alcalde.

Expuso as principais liñas do seu proxecto en materia de infraestruturas, turismo. Política social, desenvolvemento económico, cultura, deporte,  etc.

Despois falou a conselleira de Política Social, Fabiola García, e finalmente o candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, quen valorou ao candidato popular de Trives a que calificou como un apaixoado valedor da Pobra de Trives.

Dixo que a provincia de Ourense converterase en todo un referente da innovación no ámbito turístico, “con servizos personalizados e experiencias diferenciadas para o visitante, que ofrecerán unha nova forma de facer e sentir o turismo”.

Baltar puxo tamén como exemplo innovador destas políticas as propostas supramunicipais que, incluídas no programa de goberno 72-73, foron lanzadas polos candidatos populares ás alcaldías, “demostrando saber traballar en equipo e superando os localismos”, entre elas o desenvolvemento turístico a través de iniciativas relacionadas cos camiños de Santiago, áreas naturais, roteiros turístico-culturais e mesmo novas ofertas de percorridos por zonas  navegables.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta