Xerais 2019: Presentando en Pobra de Trives o programa electoral do Partido Popular


Esta mañá en Pobra de Trives e coa presenza do candidato desta vila, Domingo Diéguez e dos cabeza de lista populares da comarca, os candidatos do PP de Ourense ao Congreso e ao Senado  nás eleccións Xerais do 28 de abril presentamos o programa electoral do Partido Popular.

A número uno da lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez expuso que o programa inclúe 500 medidas, “froito dun proceso participativo no que durante seis meses se recolleron máis de 3.000 propostas por todo o terrirorio nacional”. O documento divídese en dez bloques, aínda que ela fixo especial énfase en tres eixos “como a revolución fiscal, para que as familias teñan máis diñeiro no seu peto, medidas para impulsar de novo a economía, hoxe en desaceleración, e o fortalecemento da unidade nacional para facer fronte á maior crise territorial nunca vivida en democracia”. 

“Estamos –engadiu- diante dun programa participativo, cheo de oportunidades e que precisa do voto unido para que podamos demostrar, unha vez máis, que o PP é un valor seguro para o futuro deste país”. Un horizonte no que o rural, afirmou, vai ter un protagonismo moi particular con medidas como a redución da renda para as persoas que vivan nestas zonas, bonificacións para empresas, facilidades para a implantación de industrias, incentivos para emprendedores, plans para rehabilitación e construcción de vivenda, banda ancha para conexión a internet e mesmo máis seguridade cunha maior presenza dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Tamén na presentación do programa intervimos outros membros da lista ao Congreso e ao Senado para falar de aspectos concretos.

MEDIO RURAL

Miguel Ángel Viso destacou o inéquivoco apoio do Partido Popular ás deputacións “como institucións indispensables para o desenvolvemento do medio rural e da prestación de servizos básicos e esenciais”, destacando o feito de que as institucións provinciais poderán xestionar fondos europeos “o que nos permitirá desenvolver mellor que ninguén a nosa axenda de prioridades”.

As candidaturas ao Congreso e ao Senado, dixo, “están integradas por persoas que coñecemos de primeira man o territorio e as súas potencialidades, por iso estamos en condicións de defender e reforzar a Política Agraria Común, conceptos como a denominación de orixe, que potencian os nosos produtos de calidade e nos identifican como territorio, ou o agroturismo como a vinculación de dous aspectos nos que temos un enorme potencial”.

EDUCACIÓN E EMPREGO

Para Avelino García, a creación de emprego é a principal seña de identidade do Partido Popular, que foi quen de recuperar tres de cada catro empregos perdidos durante a crise. “Estamos ás portas da cuarta revolución industrial e temos que traballar para adaptar a oferta á demanda de cualificacións, anticipándonos ás necesidades das empresas”.

En educación, destacou “o reforzamento das escolas unitarias no rural, como  instrumento básico da igualdade de oportunidades, e garantías para que as familias podan escoller o centro educativo que queren para os seus fillos, o que só pode ocorrer se a educación é gratuíta en todos os niveis”.

No tocante ás pensións, “é prioritario manter o poder adquisitivo dos xubilados, pero precisamos un sistema sostible e de garantías”.

SANIDADE

Francisco José Fernández destacou que “Galicia ten unha sanidade privilexiada e queda demostrado co programa do Partido Popular, que xa inclúe moitas medidas das que xa gozamos os galegos”.

Baixo a premisa da garantía dunha atención en igualdade de condicións para todos os españois, citou algunhas das propostas como a implantación dunha tarxeta sanitaria única, o testamento vital, os coidados paliativos, a medicina personalizada “e no rural a incorporación dos recursos necesarios e de novas tecnoloxías que eviten desprazamentos innecesarios”.

INFRAESTRUTURAS

Celso Delgado subliñou que o Partido Popular aposta con total compromiso polas infraestruturas que vertebran o territorio e que impulsan a economía, afirmando que a próxima lexislatura será “a que nos permita concluír a conexión de Galicia con Madrid por alta velocidade, para o que imos traballar co fin de que as obras non se deteñan e se cumpran os prazos establecidos”.

A alta velocidade, engadiu, “non só é para os habitantes das grandes cidades, senón que debe ser accesible a todos os veciños da provincia, polo que temos que traballar na mellora das estradas que faciliten o acceso ao AVE”, poñendo como exemplo a estación da Gudiña o servizo que vai prestar ás comarcas de Monterrei ou Valdeorras”.

Aínda citou o candidato outros proxectos de importancia para Ourense que precisan de impulso como a autovía A-76 entre Ourense-Ponferrada, a A-56 de conexión con Lugo, ou circunvalación norte de Ourense, “obras que precisan dunha economía en crecemento como a que garantiu o PP na súa etapa de goberno”.

Aínda que a estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido, é de titularidade autonómica, fixen referencia a que ademáis das recentes obras de mellora do firme levadas a cabo pola Xunta, compre  a redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento que poda estar redactado e aprobado en 2019 para seguir coa  tramitación necesaria para a execución das obras, tal e como foi recentemente acordado no Parlamento de Galicia a instancia do PP e que defendeu o deputado valdeorrés Moisés Blanco.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.