Xerais 2019: "O PP traslada aos empresarios a súa aposta para reactivar a economía cunha reforma fiscal para protexer ás empresas como motor do emprego"



Tamén hoxe os que integramos a candidatura ao Congreso e ao Senado mantivemos coa directiva da Asociación de Empresarios do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, que preside José Antonio Rodríguez Araujo unha reunión de traballo para coñecer as suas demandas e facerlles chegar as nosas propostas.

Estivemos acompañados polo presidente da xunta local do PP en San Cibrao, Pedro Fernández, alcalde do Concello e pola parlamentaria autonómica Marta Novoa.

O fortalecemento das empresas mediante a baixada de impostos, favorecendo o investimento e a xeración de emprego “son os piares da reactivación económica que precisamos para manter a actividade industrial en áreas estratéxicas para a nosa provincia como o polígono de San Cibrao”, dixo hoxe a cabeza de lista do Partido Popular ao Congreso, Ana Belén Vázquez.

Expresamos á directiva da asociación a preocupación pola deriva económica do goberno de Sánchez, “que está fraguando unha nova crise económica, destrución de emprego e incumprimento do déficit”.

Ana Belén Vázquez subliñou que compre facilitar a creación dun entorno económico seguro que favoreza o investimento e o emprego “e iso non vai ser posible se non apostamos por unha revolución fiscal que recupere as desgravacións a axude a seguir medrando a un área empresarial como San Cibrao, con 432 empresas, 8.500 traballadores e unha cifra de negocio que supera os 1.400 millóns de euros”. 

Así, a candidata popular detallou aos empresarios algunas das propostas que formula o Partido Popular, como a eliminación dos impostos de sucesións e doacións, de patrimonio e actos xurídicos documentados, ademais da redución do imposto de sociedades por baixo do 20 % e do tipo do IRPF por baixo do 40 %. Apuntou tamén outros aspectos, como facilitar a contratación de mozos mediante deduccións, a eliminación da suba das bases de cotización ou, dentro dun ámbito complexo como é a burocracia, “apostar por unha autopista administrativa para facilite a creación de empresas nunha semana e unha única oficina e portal web”.

Pola miña parte fixen un repaso aos principais compromisos do PP en materia de infraestruturas. Impulsar o remate das obras la LAV, a construcción da variante exterior e da estación intermodal de Ourense en materia ferroviaria. Tamén impulsar as obras das autovías A-76 entre Ourense e Ponferrada e da A-56 entre Ourense e Lugo, na que se integra a circunvalación de Ourense. Por suposto aludimos ao avance que están a experimentar as obras de construción do enlace da Autovía das Rías Baixas co Polígono que executa a Xunta de Galicia.

Abordamos tamén dous asuntos de especial interese para os empresarios do polígono.

Por unha banda, o proxecto de saneamento e depuración do Barbaña na súa segunda fase, indispensable para un mellor tratamento dos residuos que xera a maior área industrial de Galicia, procurando que se materialicen os 15 millóns de euros comprometidos en investimentos.

Neste sentido din conta da pregunta que o 20 de febreiro fixen no Congreso na Comisión de Transcición Ecolóxica ao Secretario de Estado de Medio ambiente, Hugo Morán relativa ao saneamento do río Barbaña e a mellora da estación depuradora de augas residuais de San Cibrao.

E lin a súa  resposta: “en relación co proxecto que se está realizando para terminar o saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao, é un proxecto cofinanciado mediante fondos  Feder do período 2014-2020, do que se executarán as seguintes tarefas: completar o levantamento de datos dos colectores xerais e secundarios do saneamento de Barbaña; realizar a toma de datos, que incluirá os datos de caudais e cargas contaminantes no saneamento; elaborar, cos datos das industrias e vivendas conectadas ao saneamento, un modelo dixital completo que permita simular o funcionamento do devandito sistema; expor as obras necesarias no EDAR existente para que o seu funcionamento sexa máis fiable e flexible fronte a verteduras accidentais, con maior capacidade e tratamento; expor as obras necesarias nos colectores de saneamento para eliminar totalmente as verteduras de augas residuais ao río Barbaña; expor as obras para controlar a calidade das verteduras de pluviais desde a rede de evacuación das mesmas -probablemente haberá que incluír tanques de tormenta e novos colectores de maior capacidade-; ver que posibilidades hai de rehabilitar o tramo do río Barbaña comprendido entre Ponche Noalla e a EDAR coa intención de xerar, no seu caso, un paseo fluvial nunha das súas marxes, de forma que todas as obras que se decidan acometer desenvólvanse a nivel de proxecto de construción. A redacción do proxecto foi contratada polo ministerio en xullo de 2018 por importe de 231 449 euros e a previsión é que estea finalizado, como vostede comentaba, a mediados do mes de agosto deste ano. A día de hoxe completouse xa a toma de datos previos e a mobilización da rede.”

Expresamos o noso compromiso en facer un amplo seguimento a este esencial proxecto para o Polígono de San Cibrao.

Ademais, e dado o crecemento do polígono e das cargas que se moven, os empresarios pediron que se estude e defina a construción dunha estación de ferrocarril para mercadorías, proxecto que os representantes do PP coincidimos en destacar como necesario e un dos asuntos a tratar na próxima lexislatura.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.