jueves, 11 de abril de 2019

Xerais 2019: O PP de Ourense pon en valor o pensamento galeguista no ideiario e na xestión política


Onte asistín ao foro que sobre Galeguismo se celebrou na casa museo de Otero Pedrayo, en Trasalba, e no que tamén se falou sobre mocidade, lingua e maila Ourensanía no marco político.

Moderado polo coordinador de pensamento galeguista do PP ourensán, César Fernández Gil, o foro incluíu unha primeira mesa sobre a mocidade e o galleguismo na que interviron o presidente provincial da Novas Xeracións, José Antonio Parente, e a candidata á alcaldía de Boborás, Patricia Torres. Ambos os dous coincidiron en sinalar que compre trasladar á mocidade o valor do galeguismo, como sentimento pola súa terra e a súa cultura, como defende a formación popular.

A segunda mesa, baixo o título de “Língua Propia de Galicia”, contou coa presenza de Paz Lamela Vilariño, mestra e inspectora de educación, Valentín García Gómez, experto en filoloxía galega-portuguesa, e Pablo Pérez Pérez, secretario de organización do PP.

Paz Lamela e Valentín García, desde a súa experiencia como secretarios xerais de Política Lingüística da Xunta, defenderon o galego como lingua que une e que coexiste co castelán, enriquecendo ambos os dous a formación e a cultura das persoas. Pola súa banda, Pablo Pérez, entre tanto, incidiu na traxectoria impecable do PP de Ourense no galleguismo.

Pechpu o foro o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, que definiu así o carácter da formación popular

 “A identificación co territorio, as súas xentes e a cultura son valores esenciais que deben estar presentes no ideario de toda formación política e na súa xestión de goberno, unha característica que só atopamos no Partido Popular de Ourense desde o exercicio máis comprometido do galeguismo”.





Manuel Baltar reivindicou a Ourense como berce do galeguismo, “pero non só de palabra, senón con feitos, promovendo un novo espertar da nosa conciencia como galegos e recoñecendo a achega de homes e mulleres que reforzaron co seu compromiso ese sentimento”.

O Partido Popular de Ourense, destacou o presidente provincial, “é unha formación centrista, lonxe de radicalismos, que ten o seu segredo na moderación e no reformismo, pero que destaca por ter o galeguismo no seu ADN, o que nos diferenza fronte a outras formacións e nos convirte no partido que máis se asemella ao seu territorio, poñendo en valor a nosa cultura e a nosa identidade”. Unha característica “á que se une o maior tesouro que podemos ter, que é a nosa lingua”.

Manuel Baltar afirmou que “non podemos quedar  en simples compromisos de papel, por iso os populares ourensáns,  a través do goberno da Deputación de Ourense, ven contribuíndo á posta en valor do pensamento galeguista desde a Ourensanía, recuperando as achegas dos seus fundadores”.

Así, Baltar amosou a súa satisfacción por conseguir devolver á súa terra as cinsas de Rodolfo Prada Chamochín, “para rescatar do esquecemento o seu inxente labor político e cultural en América”. Unha iniciativa complementada coa exposición do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, “un xeito de volver a unir ao pai do nacionalismo galego co que fora o seu mellor amigo e fiel executor da súas ideas de proxectos”. 

Todo elo xunto coa proposta aprobada polo pleno da Deputación de Ourense, para que se instaure o "Día da Galicia Mártir" o día 17 de agosto de cada ano, con carácter de celebración na Comunidade Autónoma de Galicia, en memoria e homenaxe de todos os galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos do pobo galego, así como a posta en valor da obra e pegada da Xeración Nós, coincidindo no 2020 coa edición do primeiro número da revista Nós.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta