Xerais 2019: No primeiro mitín do PP de Ourense, na Rúa de Valdeorras


A Rúa de Valdeorras foi onte o escenario elixido polo Partido Popular de Ourense para iniciar a campaña  electoral ás eleccións xerais do 28 de abril, un lugar “desde o que imos retirar ao Goberno da chantaxe, do paro e de quen nega a unidade de España”, dixo o presidente  provincial, Manuel Baltar, no primeiro mitin dos populares ourensáns e no que tamén abriu campaña o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

“Tres de tres é o noso reto”, afirmou Manuel Baltar referíndose aos obxectivos do PP de Ourense para estas eleccións –tres deputados e tres senadores- “o que xa fumos quen de conseguir en xuño de 2016”. O presidente provincial recoñeceu desear o inicio desta campaña “para pedir o voto e retirar a quen nunca debeu estar á fronte do goberno de España, porque tamén nos xogamos o futuro de España e, en 44 días, o da Rúa”.

Esta non é unha campaña máis, subliñou o presidente provincial, “senón que é a campaña do medio rural, do reto demográfico, da recuperación da economía e da credibilidade internacional, a campaña dun partido de goberno que soubo sacar a España da maior crise vivida en corenta anos”.

Para este obxectivo, destacou, os populares ourensáns teñen aos mellores candidatos ao Congreso e ao Senado que darán todo por Ourense , por Galicia e por España. “De oito posibles temos agora seis e o voto verdadeiramente útil ten nomes e apelidos na Rúa e en todo Valdeorras, Avelino García”. 

Non faltaron unhas palabras dedicadas ás candidatas e candidatos de Petín, Manzaneda, Carballeda de Valdeorras, O Barco, A Veiga, Larouco, Vilamartín e Rubiá, aos que transmitiu todo o seu apoio “xa que ninguén dubide que en xuño serán alcaldes desta comarca”.  

No Concello de A Teixeira
O mitin comezou  cunhas palabras do candidato á alcaldía da Rúa, Álvaro Fernández, que pediu “o apoio, a vosa implicación e a unidade do voto de toda a comarca en torno ás siglas do PP”, agradecendo ao presidente da xunta local, Avelino García, que confiara nel para liderar a candidatura ás municipais”.  Una agradecemento que recolleu o propio García animando a conseguir “ese terceiro deputado que será a voz de Valdeorras no Congreso”.

Con anterioridade ao mitin da Rúa, os candidatos do PP e o presidente provincial visitamos A Teixeira, nun acto xa tradicional para a formación ourensá no que exemplifican a súa defensa dos pequenos concellos, “onde viven preto de 130.000 que reivindican os mesmos dereitos e servizos  que o resto dos habitantes de vilas e cidades”, dixo Manuel Baltar.

Con la tecnología de Blogger.