sábado, 20 de abril de 2019

Xerais 2019: Encontro cos representantes sindicais dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado

A seguridade no rural é unha cuestión fundamental nunha provincia como Ourense, polo que o mantemento dos cuarteis da Garda Civil e o incremento do número de axentes terán un lugar prioritario na axenda do Partido Popular. Así o transmitimos os candidatos populares ao Congreso e ao Senado aos representantes sindicais dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na provincia, durante a reunión que mantivemos hoxe para explicar as propostas que sobre seguridade inclúe o PP no seu programa.

No encontro estivemos presentes os candidatos ao Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, e ao Senado, Francisco Fernández e Carmen Leyte, así como os representes do Sindicato Unificado de Policía (SUP Galicia), Sindicato Profesional de Policía (SPP Galicia) e da Asociación Unificada de Gardas Civís.

Como presima básica do programa popular, Ana Vázquez declarou que “a veciñanza do rural ten os mesmos dereitos á unha seguridade efectiva que os habitantes das cidades”, polo que o Partido Popular “non quere máis cuarteis pechados da Garda Civil, apostando por manter os que xa están abertos, impulsar a súa rehabilitación, redistribuír a súa ubicación e reorganizar o seu funcionamento  para que haxa máis efectivos patrullando e incrementar o número de axentes”.

Vázquez lembrou o compromiso do PP na creación das Unidades Especiais de Seguridade Cidadá da Garda Civil (USECIC), que teñen como obxectivo dar unha rápida resposta á problemas de seguridade cidadá e mesmo labores humanitarias e de rescate por toda a provincia en  momentos puntuais, ou dos grupos Roca que están especilaizados na vixiancia das zonas agrogandeiras para evitar os asaltos ás explotacións, “recuperando o contacto diario cos propietarios, veciños e responsables de cooperativas, o que sen dúbida sería moi beneficioso para incrementar a seguridade no noso territorio”.

Tamén ligado á seguridade no rural, durante a reunión falouse da coordinación coa Garda Civil e a Policía Nacional das policías locais “para facer extensivo o seu labor de vixiancia ao perímetro rural das cidades, xa que unha axeitada colaboración entre todos os corpos permitiría incrementar os niveis de seguridade”.

Non faltaron as referencias á Policía Nacional, “pola que seguiremos loitando para que dispoñan de máis efectivos en Ourense, mellores medios materiais e unidades especializadas, “como no seu momento conseguimos para a cidade coa Unidade de Prevención e Reacción (UPR), encargada de mellorar os servizos que se ofrecen á sociedade e aumentar a capacidade de acción das unidades de seguridad cidadá”.

A equiparación salarial dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado tamén estivo sobre a mesa, subliñando Ana Vázquez que foi Mariano Rajoy o que tomou esta iniciativa, logo de falar con todas as asociacións policiais, “para que en calquera punto de España as nóminas sexan iguais, pero que o actual goberno botou abaixo”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta