Fixen unha reflexión sobre como foi a chegada de Pedro Sánchez á presidencia do Goberno, non derivada dunha elección, senón dunha inxusta moción de censura apoiada en populistas, nacionalistas e independentistas, que o único que pretendían era desaloxar do poder ao partido gañadaor nas urnas.
Incidín en que España non se pode
permitir durante catro anos a frivolidade de Sánchez e pedín o voto para o
Partido Popular, porque é un valor seguro para a creación de emprego, o
crecemento da economía, a responsabilidade, a xestión e a unidade de España; e
para que haxa un goberno como o que prefire a maioría dos galegos.
E que a súa revalorización terá en conta tanto o IPC como outros indicadores que garantan o cumprimento simultáneo dos principios de mantemento do poder adquisitivo e sustentabilidade.
E tamén dixen que a política fiscal debe estar guiada polo criterio de que o diñeiro, onde mellor está é no peto dos cidadáns. "Soster o Estado de Benestar non esixe gastar máis senón gastar mellor".
Rematei dicindo
que Pablo Casado, ademais de ser o presidente que máis lle convén a Galicia, o
é de aqueles que prefiren un goberno de España para todos, que respecte a
convivencia, que estea libre de imposicións.