martes, 23 de abril de 2019

Xerais 2019: O PP seguirá traballando fortemente pola chegada da alta velocidade a Ourense e a mellora dos servizos ferroviarios

O Partido Popular despregará todas as iniciativas políticas necesarias para velar pola licitación, no segundo semestre deste ano, da variante exterior de Ourense. 

Así o aseguramos hoxe os candidatos populares ao Congreso e ao Senado trala visita que realizamos ás obras que se están a executar na estación Ourense-Empalme, na que tamén estivemos acompañados polo presidente da xunta local da cidade e candidato á alcaldía, Jesús Vázquez. 

En nome de todos eles expuxen que o proxecto de construción da liña de alta velocidade a Galicia é un proxecto de Estado e supón o maior investimento en infraestruturas ferroviarias que xamais se executou. O Partido Popular impulsou dunha maneira decisiva esta liña nas súas diferentes fases de estudo, proxecto, tramitación ambiental, licitación e execución. A etapa de goberno de Mariano Rajoy, coa ministra de Fomento Ana Pastor primeiro foi decisiva e logo tivo unha eficiente continuidade co ministro Íñigo de la Serna.

Engadín que Partido Popular de Ourense, estivo sempre á vangarda do seguimento e impulso destas obras, os seus parlamentarios en Madrid, estiveron en todo momento impulsando e activando os proxectos. E reclamando as consignacións orzamentarias necesarias para iso. E que os parlamentarios do PP de Ourense, saíron sempre en defensa desta LAV cando outros partidos políticos cuestionárona como foi o caso de formacións políticas nacionalistas de Cataluña (ERC- PdeCat) ou de ámbito estatal como Cidadáns e tamén nalgún caso as Mareas de Podemos. Por certo, socios habituais de Pedro Sánchez.

Sinalei que grazas ao traballo realizado esperamos - que en poucos meses unha vez finalicen as probas no tramo Zamora-Pedralba de la Pradería e que o autorice a Axencia estatal de Seguridade Ferroviaria - poidan os trens circular o que permitiría viaxar desde Ourense a Madrid ao redor de 3 horas e 30 minutos en lugar das 4 horas e 22 minutos actuais.
E precisei que nos comprometemos a seguir impulsando a execución das obras entre Pedralba de la Pradería e Ourense, de modo que se poida cumprir o cronograma programado para a finalización das obras e para a súa posta en servizo, unha vez superadas as probas e obtida a pertinente autorización.

Dixen que o ramal que hoxe se constrúe entre Taboadela e Ourense ten carácter provisorio e que baixo ningún concepto deixaremos de reivindicar a variante exterior (Taboadela-Túnel de Rante-Seixalbo-Ourense).

Ana Vázquez, Celso Delgado e Miguel Ángel Viso comprometémonos a seguir impulsando as obras programadas nas instalacións, que responden ao convenio marco de colaboración subscrito o 22 de xuño  de 2016 –na  etapa de goberno do PP- entre o Ministerio de Fomento, Adif Alta Velocidade, Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, nunha clara mostrade cooperación entre administracións.

Así, lembrei, que en setembro do pasado ano xa comezaron as obras adxudicadas pola Xunta para a nova terminal de autobuses, que contará con trece dársenas de operación, tres de regulación e un edificio de máis de 700 metros cadrados construídos. Ademais, Adif  xa adxudicou en marzo deste ano as obras do novo aparcadoiro para 302 turismos, integrado na estación intermodal de Ourense, sen esquecer que tamén se están a executar a remodelación de vías e plataformas da estación, que teñen como obxectivo adaptar a terminal aos novos servizos de alta velocidade.

Dixen que seguiremos demandando a RENFE que os novos trens Avril de ancho variable presten servizo na LAV Madrid-Galicia, asegurando así unha conexión de máxima calidade e que se cumpra o obxectivo de que o tempo de viaxe entre Ourense e Madrid estea nas 2 horas e 15 minutos.

Por outra banda, os candidatos tamén aseguramos que nosa axenda de traballo figurarán os investimentos no Corredor Atlántico, que vai significar un transporte ferroviario de mercadorías fiable e competitivo para os portos galegos e plataformas loxísticas, onde Ourense tamén estará chamado a xogar un papel importante, no que estará presente o estudo de viabilidade dunha terminal de carga no polígono industrial de San Cibrao.

Por último, fixemos unha chamada ao impulso da renovación do trazado entre Ourense e Lugo, que contribuirá ao incremento de viaxeiros e á cohesión territorial da Galicia interior. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta