No faladoiro de "Voces de Galicia" de Radio Voz

Participo hoxe no faladoiro do programa "Voces de Galicia" de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que interveu tamén Breogán  Riobóo.

Falamos primeiramente da proposta de líder de Cidadáns, Albert Rivera dunha reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral( LOREG)  para que se aprobe un corte electoral do 3 % para que só entren no Congreso dos Deputados aquelas formacións que reciban votos de toda España. 

Dixen que a  LOREG é unha das normas fundamentais dun Estado democrático, un marco estable para que as decisións políticas nas que se reflicte o dereito de sufraxio realícense en plena liberdade. Pero non é inmutable, pola contra foi modificada en numerosas ocasións (case en vinte, nos seus trinta anos de aplicación) para ir introducindo no texto orixinal elementos que a adecuasen ás diversas necesidades sentidas ao longo deste tempo de vixencia.

Sendo lexítima a proposta de iniciativa de Rivera, expresei a miña desconformidade,  pois estou de acordo co que hoxe di o artigo 163 sobre a atribución dos escanos en función dos resultados do escrutinio , que di no seu apartado “ a)Non se teñen en conta aquelas candidaturas que non obtivesen, polo menos, o 3 por 100 dos votos válidos emitidos na circunscrición”. E estou de acordo en que esa circunscrición sexa a provincia e non e conxunto do territorio nacional.

Dixen que, non vía negativo o que formacións políticas que se presentan nun só territorio, ou nunha soa provincia accedan ao Congreso se reciben un número de votos suficientes. E iso con independencia das posicións políticas que defendan, que sempre terán que axustarse á Constitución e as leis.

Lembrei que no último semestre de 2018 o  GPP presentou no Congreso unha Proposición de Lei Orgánica de reforma da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, para a modificación das disposicións relativas ás eleccións municipais, que perseguía contribuír a que a lista máis votada puidese ter de forma efectiva a posibilidade de gobernar, mediante o establecemento dun sistema de dobre volta electoral para as eleccións municipais e locais, con tres posibles escenarios. Votouse en outubro e non foi tomada en consideración.

Concluín afirmando a conveniencia de que as reformas da  LOREG para que teñan estabilidade temporal e efectividade democrática, nazan froito de amplos  consesnos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.