lunes, 22 de abril de 2019

Xerais 2019: “Transmitimos unha mensaxe inequívoca de apoio á autovía A-76”


Esta mañá a carón da N-120 o Partido Popular transmitiu unha mensaxe inequívoca de apoio á autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) como unha infraestrutura vital para o desenvolvemento das comarcas de Valdeorras e O Bierzo, esixindo a licitación inmediata das obras nos tramos máis avanzados desta autovía, así como tamén investimentos periódicos para o mantemento da N-120.

Así o puxemos de manifesto os candidatos populares  ao Congreso e ao Senado durante a visita que realizamos ao Barco de Valdeorras, acompañados polo presidente provincial, Manuel Baltar, a candidata á alcaldía do Barco, Sabina Aguado e o parlamentario autonómico Moisés Blanco. Unha representación á que se sumaron por parte da comarca do Bierzo a candidata do PP en León, Begoña Coelo, e o candidato popular á alcaldía de Ponferrada, Marco Morala.

Na miña intervención dixen que o goberno de Mariano Rajoy impulsou decisivamente esta infraestrutura “con realidades reflectidas no BOE, como a redacción e licitación dos proxectos desta autovía, consignando partidas suficientes, mentres que o goberno de Sánchez demostrou que non lle importaba esta autovía. Se en 2018 a Lei de  PGE aprobada polo PP contemplaba unha consignación total de 4.810.620 € para todos os tramos da A-76, agora para 2019 os socialistas contemplaban unha consignación de tan só 822.290 euros, un 82,91 % menos.

Destaquei o especial agravio que supuxo que o tramo máis avanzado da autovía, A Veiga de  Cascallá-O Barco de Valdeorras, en condicións de licitar neste ano, recibía no proxecto socialista unha ridícula partida de 100.000 euros, cando nos orzamentos de Rajoy había consignados 3 millóns de euros.”

Tanto o presidente provincial como o candidato coincidiron en sinalar que o Partido Popular, a través dos seus deputados, “amosaron un compromiso permanente para que desde os executivos de Rajoy e do PSOE se activasen todos os trámites para a execución desta infraestrutura e houbese sempre diñeiro para acometer as diferentes fases”.

 Rematamos con dúas afirmacións:

Os candidatos do Partido Popular comprometénse a seguir impulsando ás infraestruturas viarias de Valdeorras, e traballarán arreo para conseguir a licitación nos vindeiros meses das obras dalgúns dos tramos máis avanzados da Autovía A-76.

E impulsarán a adxudicación das obras da Circunvalación de O Barco que deberán comezar neste mesmo ano 2019, e reclamarán investimentos periódicos para manter o firme da N-120.

A visita ao Barco de Valdeorras dos candidatos ourensáns e do presidente provincial do PP tamén incluíu outras citas de interese nos ámbitos social, cultural e empresarial, mantenedo encontros cos representantes da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras  (Asfaval), do Instituto de Estudos Valdeorreses e da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), dos que escoitaron as súas demandas e aos que lle explicaron as propostas que o PP inclúe no seu programa electoral para estas tres áreas.