Xerais 2019: o PP presenta o lema de campaña “Valor Seguro “

Hoxe o vicesecretario de  Organización e director de campaña do PP, Javier  Maroto, presentou o lema de campaña de o Partido Popular para as proximas eleccións xerais do 28 de abril. “Valor Seguro” é, ao seu xuízo, un slogan que se pode “declinar” e que “o resume todo”, porque o PP de Pablo Casado é, sempre, a  garantía e o único valor seguro.
Neste sentido, o dirixente popular explicou que para a  mayoría de  españoís só hai dous candidatos para presidir o Goberno: Pablo Casado ou Pedro  Sánchez, dúas formas moi distintas de facer política. “Casado é o valor seguro para os intereses dos  españois;  Sánchez é xusto o contrario, a incerteza, o risco e volver ás políticas  económicas de Zapatero”, 

VALOR SEGURO, AUTÓNOMOS,  EDUCACIÓN E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

O vicesecretario popular afirmou que o PP é un valor seguro para o emprego, porque as políticas do Partido Popular son as únicas que conseguen crear postos de traballo a un ritmo de  máis de 500.000 novos empregos ao  ano . É  tamén un valor seguro para a  economía, o crecemento  económico, a defensa do pequeno comercio, dos autónomos e dos aforradores (aos que protexe con desgravacións de IRPF de ata 8.000 euros). O PP é  tambié eunha  garantía para os pensionistas, porque representa “a eficacia e a solvencia” en materia de pensións: “O noso candidato non votou a favor da conxelación das pensións, nin as puxo en risco”. “Se goberna o PP, as pensións  serán un valor asegurou.


Javier  Maroto recalcou  ademais que o seu partido é senónimo de  garantía para a baixada de impostos.  Así, puxo en valor a “ revolución fiscal” que propón o PP e que contempla a baixada do IRPF ata un tipo  máximo do 40%, no imposto de sociedades ata un 20% e a  supresión dos impostos de patrimonio, sucesións, doazóns e hipotecas.
Con la tecnología de Blogger.