sábado, 30 de marzo de 2019

Xerais 2019: Primeiro mitin de precampaña en Ribadavia

Asisto esta tarde a un mitin de precampaña para as elecccions xerais do Partido Popular en Ribadavia, que ontou coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, do presidente provincial, Manuel Baltar, os candidatos ao Congreso e o Senado, e os candidatos ás alcaldías de Ribadavia, Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro e Melón.

En representación da comarca, César Fernández Gil, número uno da lista de Ribadavia, equiparou o conxunto de España ao seu concello porque “ambos os dous se atopan na mesma encrucillada, seguir afundíndose no pasado ou ter o valor de gañar e construír o seu futuro”. Para isto último, o candidato afirmou que “xa coñecemos a receita a seguir: mirar ao goberno de Manuel Baltar na Deputación e de Alberto Núñez na Xunta”.


En nome dos candidatos ao Congreso e ao Senado, Miguel Ángel Viso puxo o énfase no prezo político que os ourensans terán que pagar se Pedro Sánchez volta á Moncloa, “pois como comprobamos no seu fallido proxecto de orzamentos, castigábamos cun 29 % menos de investimentos, diñeiro que ía parar aos seus socios independentistas”. Viso aludiu de xeito especial ao voto útil que só representa o PP, nunha comarca onde a agricultura “é o noso gran potencial, pero que para o goberno de Sánchez e o seu ministro de Agricultura nin existe, nin o coñecen nin saben onde estamos”. 


O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou entre tanto que nun momento político tan complexo como este “os cidadáns buscan fiabilidade, un proxecto político de progreso e sen peaxes, e o máis fiable sen dúbida é o do Partido Popular”. Se os populares gobernan en máis das dúas terceiras partes da provincia, na Deputación e na Xunta de Galicia, dixo Baltar, “é porque fumos quen de poñer en marcha a formación política máis importante da provincia, como así vimos demostrando elección tras elección e demostraremos nas dúas próximas citas coas urnas”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta