Licitado o mantemento das instalacións de protección civil e seguridade nos túneles dos tramos A Coruña-Vigo (Eixo Atlántico) e Ourense-Santiago


Informa hoxe  Adif que aprobou a licitación do contrato de mantemento das instalacións de protección civil e seguridade nos túneles dos tramos A Coruña-Vigo (Eixo Atlántico) e Ourense-Santiago.

O investimento total do contrato de licitación alcanza os 3.593.061,12 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 24 meses.

O obxecto do contrato é o mantemento, en perfecto estado de conservación e funcionalidade, das instalacións de protección civil e seguridade nos túneles, así como o establecemento das condicións técnicas e funcionais para a realización dos traballos relativos ao mantemento dos elementos que compoñen as instalacións, as condicións técnicas e os procedementos para o establecemento do plan de mantemento.

As instalacións obxecto de mantemento son as seguintes:

- Sinalización e balizamento de emerxencia.

- Corredores e  pasamanos.

- Iluminación de emerxencia en túneles e galerías.

- Sistemas de ventilación en túneles e  presurización en galerías de emerxencia.

- Instalacións de protección contra incendios.

- Sistema de radiocomunicacións de emerxencia.

- Comunicacións por fibra óptica dos equipos de protección e seguridade.

- Edificios e casetas técnicas.

- Instalacións de subministración de enerxía.

- Sistema de vídeo-vixilancia, control de accesos e  anti- intrusión na contorna dos túneles.

O tramo A Coruña-Vigo conta con 37 túneles, que suman unha lonxitude global de 59,2 km, un 38% do percorrido total. 

Pola súa banda, o Eixo Ourense-Santiago conta con 30 túneles que suman unha lonxitude de 28,5 km, o que representa o 34,8% do total da liña.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.