Licitadas as obras de execución e o mantemento do telemando de enerxía do tramo Pedralba-Ourense

Coñecemos hoxe a través dunha nota de prensa publicada na  web que Adif Alta Velocidade aprobou a licitación por 4.592.529,50 euros (IVE incluído) das obras de execución e o mantemento, por un período de 24 meses, do  telemando de enerxía do tramo  Pedralba-Ourense, da LAV Madrid-Galicia.

O  telemando de enerxía realiza o control e xestión dos elementos relacionados coa subministración de enerxía eléctrica, tanto para a tracción de trens como para o funcionamento de equipos e instalacións ao longo do trazado ferroviario. Inclúe a xestión dos seguintes elementos:

- Subestación eléctrica de  As Portas.
- Centros de  autotransformación asociados.
- Seccionadores de liña aérea de contacto ( catenaria).
- Subministración de enerxía a edificios de explotación.
- Subministración de enerxía a  calefactores de agulla.
- Subministración de enerxía e control de iluminación de túneles.
- Outros sistemas.

Tamén nesa mesma nota dáse conta de que ADIF-AV aprobou  a adxudicación da construción da base de montaxe de  Meamán (Ourense) e as súas instalacións auxiliares para a montaxe de vía cun  investimento de 8.253.316,74 euros (IVE incluído) á UTE formada polas empresas  Extraco e  Cycasa. Unha noticia que xa publicara nunha entrada deste blog de data 27 de decembro de 2018.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.