Comeza a Convención do Partido Popular


Comeza hoxe en Madrid a Convención do Partido Popular baixo o lema “España en Libertad” co obxectivo de renovar as ideas e as propostas que sempre funcionaron, adaptándoas a esa España moderna e profundamente europea do ano 2019.

Decía hoxe o vicesecretario de organización Javier  Maroto que “as persoas na rúa, as familias en España están a demandar partidos que transmitan conviccións, ideas e que o fagan dunha forma emocional, que conquisten ás persoas polo que din e por como o din”. Trátase de que “aprendendo dos mellores en diferentes ámbitos, podamos proporcionar á sociedade unha mellor proposta de futuro” porque “se non somos capaces de facer iso, non seremos un partido completo”.

Asistiré á Convención formando parte dunha delegación do PP de G que supera as 160 persoas, delees cincuenta persoas do PP de Ourense e na que terá un papel destacado o líder do partido, Alberto Núñez Feijóo en calidade de coordinador do conclave.

Feijóo intervirá na apertura e contribuirá a axudar a establecer o posicionamento político do partido, e defenderá o importante legado de xestión do PP en concellos, deputacións, comunidades autónomas e mesmo no Executivo central, “ademais de reforzar o noso compromiso co Estado Autonómico e a nosa vocación de seguir sendo un partido de maiorías que faga de nós a principal alternativa de goberno ao tándem que forman socialistas e nacionalistas”.

Pola súa parte, os candidatos do partido nas capitais de provincia -Beatriz Mato, Ramón Carballo, Jesús Vázquez e Rafael Domínguez- tamén terán protagonismo na xornada do sábado así como a oportunidade de explicar algunhas das claves dos seus proxectos na Coruña, en Lugo, en Ourense e en Pontevedra.

E na clausura, intervirá o presidente nacional de Nuevas Generaciones e ex presidente de NNXX, Diego Gago.

Hoxe o secretario xeral do PP de G, Miguel Tellado consideraba un acerto a celebración dun evento que ten lugar case a medio camiño entre a moción de censura do pasado mes de xuño e as vindeiras eleccións municipais e europeas do próximo mes de maio, apostando por configurar un proxecto político que faga ao PP capitalizar o descontento existente co Goberno central.

Igualmente, o secretario xeral comprometeu o apoio do PPdeG para contribuír a que o partido sexa en España o que logrou ser en Galicia, onde é a forza política hexemónica e de referencia do centro dereita.


Pola súa parte o presidente provincial de Ourense, Manuel Baltar sostivo que esta convención ten que servir “para transmitir á xente a ilusión e a responsabilidade coa que traballa un partido cunha inequívoca vocación de goberno, fiel ao seu ideario, pero tamén consciente de que compre escoitar o que nos din os cidadáns”. O encontro, engadiu, deberá sentar as bases para “futuras etapas nas que estou convencido de que voltaremos a dirixir este país, fronte ao desastre no que está instalada a Moncloa e do que temos un pésimo exemplo nos orzamentos do Estado, coas peores cifras para Galicia nos últimos 17 anos”. 

Con la tecnología de Blogger.