As actuacións proxectadas inclúen a construción do edificio de viaxeiros, a formación de plataformas e construción de marquesiñas sobre estes, o acondicionamento do paso inferior de acceso a plataformas con elementos de comunicación vertical, o aparcadoiro e urbanización exterior, os accesos rodados próximos ao edificio de viaxeiros e a conexión co viario de acceso. A estación terá acceso por medio da estrada OU-533.
Dentro das obras do proxecto de plataforma ferroviaria onde se localiza a estación, xa se executou unha plataforma e un paso inferior peonil. Co contrato acondicionaranse os elementos xa construídos e dotaráselles de elementos de seguridade.