Sobre o reto do despoboamento

Participo hoxe nunha reunión do Grupo Parlamentario Popular no Congreso un grupo de traballo para abordar con maior intensidade o reto do despoboamento en España.

En efecto a cuestión demográfica é probablemente o desafío máis importante ao que nos enfrontamos no noso país, e desde en Galicia e na miña provincia de Ourense.

Como describe o documento do acordo da conferencia de presidentes sobre a estratexia nacional fronte ao reto demográfico de xaneiro de 2017, nos últimos anos España está a perder poboación e máis aló de factores conxunturais, aprécianse cada vez máis claramente os efectos dunha baixa natalidade,  a  perda de poboación en zonas rurais  e  un  acusado  proceso  de envellecemento.  Hoxe  son  dez  as  Comunidades  Autónomas  con saldo  vexetativo negativo.

Os cambios afectan con especial intensidade a algúns territorios, debido ao seu maior grao de envellecemento,  ruralidade, dispersión,  insularidade, extraterritorialidade e outros factores. Pero os desequilibrios demográficos e territoriais non só supoñen desafíos nas zonas que perden poboación,  senón  tamén nas grandes zonas urbanas receptoras, o que fai que o cambio demográfico afecte a todas as Comunidades Autónomas e Cidades con Estatuto de Autonomía.

As  proxeccións  demográficas  referidas  a España, expoñen  un descenso ininterrompido de poboación, prognosticándose unha perda de máis de medio  millón  de habitantes en 2031, que  serán  máis  de cinco millóns  de habitantes perdidos en 2066: máis do 11% da poboación actual. Sen ningunha dúbida, unha proxección que afecta á estabilidade económica e social. 

A poboación maior en España pasou de representar o 11,2 % en 1981 ao 18,7 % en 2015, pero é que en 2050 haberá máis de 15 millóns de maiores, o 35,7 % da poboación. Ademais, cunha media de 83 anos, España é o segundo país do mundo con maior esperanza de vida ao nacer por detrás de Xapón.  
  
Pola contra, a natalidade reduciuse de forma drástica, pasando de 2,8 fillos por muller en 1975 a 1,3 no ano 2015.

Ademais do envellecemento da poboación  e a baixa natalidade, durante as últimas décadas vén producindo unha perda masiva de habitantes en gran parte do territorio, especialmente rural. E o desprazamento de cada vez máis cidadáns desde os pequenos municipios das zonas rurais aos núcleos urbanos máis poboados.

En definitiva, os deputados populares consideramos moi necesario incorporar medidas que revitalicen as zonas rurais, garantindo aos seus habitantes as mesmas oportunidades e servizos que nas cidades.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.