Interveño esta mañá no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e na que participou tamén Mari Luz Canal.
Falamos en primeiro lugar da demanda presentada pola Fiscalía de Pontevedra no Xulgado do Mercantil contra Audasa que interesa unha sentenza que declare a nulidade, por considerala abusiva, da práctica consistente en cobrar integramente a peaxe da autoestrada en todo caso, sen moderar ou eliminar o seu importe cando non se está prestando o servizo en condicións suficientemente satisfactorias de fluidez e seguridade do tráfico.
Opinei que consideraba unha boa noticia a presentación dunha demanda colectiva en protección dos consumidores e que recolle o sentir de miles de usuarios da AP-9 que durante tres anos sufriron as obras no tramo de Rande. E aténdense as numerosas peticións realizadas por Concellos, Administracións, colectivos sociais e empresariais, etc
Dixen que vía razoable que cando por obras programadas ou outras retencións os que pagan a autoestrada non reciban un servizo con condicións de fluidez e seguridade, debe arbitrarse un procedemento de moderación ou exoneración da peaxe por parte da concesionaria.
Dixen que esperaremos que con expectación a sentenza que se dite neste proceso.
A continuación a moderadora pediunos falar das palabras pronunciadas onte por Pedro Sánchez que expuxo modificar a Constitución para eliminar a referencia á inviolabilidade do Rey.
Dixen que era unha manifestación irresponsable e oportunista para evitar falar de temas que presiden a actualidade política, que xira en torno ao resultado electoral de Andalucía que supón que o PSOE perderá o Goberno daquela Comunidade.
Expresei a opinión do OO, que é contraria a despenalizar a inviolabilidade do Rey. A nosa posición é contraria tamén a favor de que se despenalicen as ultraxes á Coroa, e é favorable a que se apoien os símbolos do Estado.
Finalicei dicindo que Sanchez, agora equivócase se cre que o problema de España é a inviolabilidade do Rei.
Recibirá resposta
Recibirá resposta