Licitado por Adif o Proxecto Construtivo de Electrificación do tramo Guillarei - Tui


Publica o BOE de onte o anuncio de licitación de ADIF – Presidencia do Proxecto Construtivo de Electrificación do tramo  Guillarei - Tui.

Comprende a instalación do sistema completo dunha Liña Nova de Contacto en 3 kV agora inexistente, desde o triángulo de  Guillarei ata o límite anterior á ponte internacional sobre o río Miño, fronteira con Portugal. 

O tramo forma parte da liña 814 entre  Guillarei e  Valença  do  Minho, ramal da liña 810 Monforte de Lemos- Vigo.

E comprende a electrificación  da estación de Tui no Pk. 2+700 nas súas vías 1, 2 e 4.

O valor estimado do contrato é de 1.935.959,45 euros, sen  IVE e de 2.342.510,93 con  IVE. 

A duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición é de 6 meses.


Salientar que o 27 de xullo deste ano- como daba conta neste Blog . Infraestruturas de Portugal firmaba o contrato de  electrificación do tramo da Liña do Miño entre Viana do Castelo e  Valença, cun investimento por valor de cerca de 18 millóns de euros.

Aproveito para lembrar tamén que no Cume Luso-Español de maio de 2012 decidiuse unha mellora progresiva e substancial da relación O Porto-Vigo en dúas fases: inicialmente mediante a súa potenciación como servizo internacional e, nunha segunda fase, a medio prazo, mediante unha actuación sobre a infraestrutura ferroviaria. O traballo ata agora realizado traduciuse nun destacable incremento na demanda de viaxeiros e unha redución no tempo de tempo de viaxe, que se mantivo en 2 h 15´fronte ás 2 h 54 anteriores a pesar da inclusión de tres novas paradas comerciais en Viana  do Castelo,  Nine e  Valença. 



Celebro moito esta licitación na parte española que é a expresión da continuidade do traballo realizado anteriormente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.