Por fin
hoxe o Consello de Ministros, na súa reunión celebrada en Barcelona autorizou
ao Ministerio de Fomento á licitación do contrato de obras para para a
execución das obras de construción do tramo de estrada de conexión entre as
nacionais N-120 e N- 536 entre Sobradelo e O Barco de
Valdeorras, na provincia de Ourense, cun orzamento total de 63.640.276,29 €.
Informa
o Ministerio que: “O obxecto das obras é dotar dunha conexión rápida e segura
ás estradas N-536 e N-120 nas proximidades do Barco de Valdeorras
que sirva ademais como variante de
poboación para evitar o frecuente paso dos camións de lousa das canteiras
próximas e resto de vehículos a través do seu núcleo urbano, mellorando as caracteristicas xeométricas do trazado
da N-536, mellorando a seguridade
viaria, rodada e peonil e mellorando as comunicacións de toda a comarca de
Valdeorras.
Características
Técnicas
As
obras, cunha lonxitude aproximada de 5,6 km, inícianse en Sobradelo no P. K. 41,5 da
N-536 na intersección coa OU-122
e finalizan no P. K. 453,4 da N-120 no Barco de Valdeorras.
A
actuación componse de dous partes diferenciadas:
• Un primeiro subtramo de estrada é un
acondicionamento e mellora da N-536
desde Sobradelo, cunha lonxitude dun 3,3 km, cunha sección transversal de 10 m,
composta por unha calzada de 7,00 m e
beiravías exteriores de 1,50 m.
• Un segundo subtramo de estrada en variante
de trazado dun 2,3 km, de 12 m de sección transversal (con beiravías de 2,50 m)
que abandona o actual trazado da N-536,
cruzando o rio Sil mediante un novo
viaduto e entra en túnel no monte de O Serro, para finalmente conectar coa estrada N-120 a través doutro viaduto sobre o
río Cigüeño.
O radio
mínimo é de 375 m e a pendente
lonxitudinal máxima do 4,8%.
No
tramo proxéctanse dous nós:
• O primeiro deles, no P. K.45 da actual N-536, é unha intersección en “T” dotada de
carrís centrais de espera e cambio de velocidade.
• O segundo, ao final do tramo, é un novo
enlace tipo diamante con glorieta superior, que serve de conexión entre a nova
variante e a N-120 situándose próximo ao
nó existente nesa nacional no P. K.
453,4. Esta nova ligazón foi deseñado e previsto para aloxar o paso da sección
da futura autovia A-76:
Ponferrada-Ourense, dando ademais acceso á
OU-622 e a distintos viarios do núcleo urbano do Barco de Valdeorras.
Ao
longo do trazado proxéctanse un total de
10 estruturas: 5 viadutos, 4 pasos superiores e 1 paso inferior, onde destacan o
viaduto sobre o río Sil de 461 m. de lonxitude, que tamén salva o FF.CC. e a estrada OU-0801 de
Entoma e o viaduto do río
Cigüeño, de lonxitude 347 m.
Baixo o
monte de O Serro, proxectouse a
construccion dun túnel dun único tubo bidireccional, de 490 m de
lonxitude e pendente lonxitudinal constante do 3%.
Como
parte importante do proxecto, cabe destacar que inclúe todas as medidas
necesarias de integración ambiental e protección do patrimonio cultural do
antigo “Ponte de Candis”, da
“explotación aurífera romana da Veiga” e
a creación dun paseo peonil e vía ciclista
segregada ao longo da N-536.”
É un
día moi feliz para quen subscribe pois é a resultante dun traballo de impulso
realizado desde hai moitos anos, por responsables políticos de diferente signo,
pola sociedade civil valdeorresa –
singularmente AEVA e a AGP- e polos medios de comunicación.
É
importante lembrar os últimos pasos dados na tramitación administrativa desta
estrada nos últimos anos, da etapa de Goberno do Partido Popular:
O BOE
do 15 de decembro de 2012 publicou o Anuncio de formalización do contrato da Dirección Xeral de Estradas
para a redacción dos proxectos de
trazado e construción da Conexión entre as estradas N-120 e
N-536. Tramo: Sobradelo-O Barco de Valdeorras. Provincia de Ourense. Fora licitado na etapa do Goberno socialista o 8 de agosto de 2011.
O
Ministerio de Fomento iniciou coa publicación no BOE do 12 de marzo de 2015, o período de información pública do proxecto
de trazado que foi aprobado provisionalmente o 25 de febrero dese ano.
https://www.fomento.gob.es/el-ministerio/sala-de-prensa/noticias/2015/MARZO/150312-06.htm.
https://www.fomento.gob.es/el-ministerio/sala-de-prensa/noticias/2015/MARZO/150312-06.htm.
O 18 de
febreiro de 2016 o Ministerio de Fomento
aprobaba, o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de
trazado.
O 23 de
novembro de 2016 Fomento aprobou o Proxecto de Construción cun orzamento
estimado de 63,64 millóns de euros.
Tramitáronse
as expropiacións, levantándose as actas previas entre o 11 e o 20 de xullo de 2017 nos concellos do Barco de
Valdeorras e Carballeda de Valdeorras.
O 7 de maio de 2018, nun acto oficial en
Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna dixo que “a circunvalación do Barco é outra das estradas demandadas na provincia e
na que estamos a traballar na fase final da tramitación, correspondente a un
proxecto xa aprobado con vistas a poder licitar neste mesmo ano as actuacións”
O 22 de maio de 2018 o Pleno do Congreso
cos votos do Grupo Parlamentario Popular e outros aliados parlamentarios, e o
voto en contra do Grupo Parlamentario Socialista, aprobou o Proxecto de Lei de Orzamentos
Xerais do Estado para 2018. Nesta Lei hai unha partida de 3 millóns de euros para a licitación desta estrada.
O 2 de xuño, despois dunha moción de censura volve ao Goberno o partido socialista e polo tanto lle corresponde a esta administración a toma desta decisión que hoxe comento.
Concluíndo ata aquí o lento e complexo camiñar dun proxecto de estrada que arrincou cando un goberno do Partido Popular en novembro de 2003 que solicitou a orde de estudo para a realización do Estudo Informativo e que foi resolta pola Dirección Xeral de Estradas – do novo Goberno socialista - o 16 de setembro de 2004. Agora quince anos despois dáse un paso importante, ao que debe seguir a publicación da licitación no BOE, a adxudicación do contrato e a execución das obras. Repito, grazas a todos os que á impulsaron para chegar ao día de hoxe e o meu compromiso de seguir traballando ata ver esta estrada en servizo.
Recibirá resposta
O 2 de xuño, despois dunha moción de censura volve ao Goberno o partido socialista e polo tanto lle corresponde a esta administración a toma desta decisión que hoxe comento.
Concluíndo ata aquí o lento e complexo camiñar dun proxecto de estrada que arrincou cando un goberno do Partido Popular en novembro de 2003 que solicitou a orde de estudo para a realización do Estudo Informativo e que foi resolta pola Dirección Xeral de Estradas – do novo Goberno socialista - o 16 de setembro de 2004. Agora quince anos despois dáse un paso importante, ao que debe seguir a publicación da licitación no BOE, a adxudicación do contrato e a execución das obras. Repito, grazas a todos os que á impulsaron para chegar ao día de hoxe e o meu compromiso de seguir traballando ata ver esta estrada en servizo.