Asisto esta mañá en Ourense ao acto de descubrimento dunha placa que lembra a fundación da Coral de Ruada hai cen anos e que foi colocada na beirarúa da avenida de Zamora, número 14. Previamente fixemos unha fotografía diante da Casa do Concello.
Participou toda a Coral, que preside Samuel Lago Fernández e dirixe Xoán Antón Vázquez Casas.
Da conta a web desta agrupación que Xabier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla reúnironse nunha casa da avenida de Zamora, propiedade deste último e chamada “Villa Joaquina”, para fundar o CORO DE RUADA. Era o 5 de outubro de 1918.
Pouco despois constitúese a primeira Xunta de Goberno que estaría formada por José Sabucedo Morales (Presidente), Modesto Fernández Román (Vicepresidente), Antonio Saco y Arce (Tesoureiro), Arturo Fernández Magdalena (Secretario) e Xabier Prado Rodríguez “Lameiro”, Arturo Macías, Vicente Martínez Risco e Luís Fernández Pérez “Xesta” (Vocais).

A primeiros de 1919 comezaron os ensaios baixo a dirección de Daniel González Rodríguez, que procedía do Orfeón. Tamén comezaron os ensaios o cadro de declamación.
O debut tivo lugar o día 24 de xuño de 1919, día de San Xoán, no Salón Apolo de Ourense, acadando un grande éxito.
O acontecemento de hoxe forma parte dos actos previstos para conmemorar o seu centenario.
Están programados concertos, conferencias, publicacións, exposicións, emisión dun selo, homenaxes e actos institucionais, entre outras actividades que se celebrarán agora ata o mes de xuño de 2019.
Están programados concertos, conferencias, publicacións, exposicións, emisión dun selo, homenaxes e actos institucionais, entre outras actividades que se celebrarán agora ata o mes de xuño de 2019.
Recibirá resposta