Adxuicado o contrato para construir a base de montaxe de Meamán na LAV a Galicia

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias de Alta Velocidade adxudicou o 17 de decembro un novo contrato de execución  de obras do proxecto de construción da base de montaxe de  Meamán (Baños de Molgas) e instalacións auxiliares para a montaxe de vía no corredor norte noroeste de alta velocidade. Tramo  Olmedo-Lubián-Ourense. Subtramo: Pedralba de la Pradería–Taboadela 

Foi adxudicada á UTE  Extraco S.A.- Cycasa S.A.

O importe de adxudicación é de 3.025.444 € e o prazo de execución de sete meses.


A base conta cunha superficie total aproximada de 2,7 hectáreas e aloxará unha praia de cinco vías, disposta en dous peites entrelazados de ancho 1.668 mm e 1.435 mm, xunto cos edificios e equipamentos necesarios.

O acceso á base desde a liña de ancho convencional Zamora-Ourense está previsto mediante a vía 1, que conecta coa vía xeral de ancho convencional. Pola súa banda, a conexión coa  LAV realízase mediante a vía 3.

Ademais, para a consecución dos obxectivos funcionais da base, definíronse os seguintes elementos:

- Zona de provisión de  balasto (provisión de  Meamán) con muro  cargadero de formigón.

- Losa de transferencia de carrís e pórticos fixos para manipulación.

- Zona pavimentada para circulacións rodadas e estacionamentos.

- Instalacións exteriores de urbanización.

O proxecto de construción da base de montaxe de Meamán inclúe o movemento de terras necesario para executar as conexións ferroviarias, as zonas de provisión e a implantación da base.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.