Lía o pasado sábado no diario La Región unha información do xornalista José Cruz que titulaba “Os alcaldes do PSOE piden completar a A-76 valdeorresa”
Da conta dunha reunión que mantiveron os catro alcaldes socialistas da comarca: Alfredo García Rodríguez, Luís Fernández Gudiña, Miguel Bautista Carballo e Enrique Álvarez Barreiro (do Barco, A Rúa, Petín e Vilamartín, respectivamente), co subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso.
Parece ser que trasladaron a proposta de que se inicien os trámites encamiñados a completar o tramo valdeorrés da futura autovía A-76, que comunicará Ponferrada con Ourense. Serían dous novos tramos:O Barco-Arcos e Arcos-A Rúa
O propio alcalde do Barco- dí a información do períodico - “lembrou que os tramos Villamartín da Abadía-Requejo, Requejo-A Veiga de Cascallá e A Veiga de Cascallá-O Barco xa están en marcha, aínda que en distintas fases de tramitación”
Ata aquí a información e a proposta de actuar en dous novos tramos da futura autovía que paréceme ben, subscríboa pois é un paso natural que hai que dar nas previsións de licitacións de redacción de proxectos da A-76. Simplemente ata agora a prioridade, na que todos estábamos de acordo, era e é activar as actuacións nos tramos entre O Barco e Ponferrada, os de maior intensidade de tráfico.
O que non admito, por ser falso e non corresponderse coa realidade, son os motivos alegados polos alcaldes e polo subdelegado do Goberno para queixarse de que "proxectos importantísimos para o desenvolvemento de Valdeorras, estaban parados", referíndose á etapa do PP á fronte do Goberno central.
Insisto, é falsa esa afirmación e acredítano os seguintes datos que son comprobables e que paso a referenciar:
- En decembro de 2011, cando chegou ao Goberno de España o Partido Popular a situación administrativa da autovía A-76 Ourense-Ponferrada era a seguinte: o Estudo Informativo levaba en redacción máis de 6 anos (foi licitado o 05-07-2005 e adxudicado o 22-12-2005). O expediente do estudo atopábase pendente de Declaración de Impacto Ambiental desde facía máis de 3 anos (Remisión do expediente ao Ministerio de Medio Ambiente para obtención da DIA: 16-10-2009).
- Por resolución do secretario de Estado de Medio Ambiente do 24 de xullo de 2013 emitiuse a declaración de impacto ambiental da autovía A-76, publicada no Boletín Oficial do Estado o 14 de agosto de 2013.
https://www.boe.es/boe/dias/2013/08/14/pdfs/BOE-A-2013-8982.pdf
https://www.boe.es/boe/dias/2013/08/14/pdfs/BOE-A-2013-8982.pdf
- Unha vez obtida a DIA, o Ministerio de Fomento dirixido por Ana Pastor procedeu á aprobación do expediente de información pública e definitiva do estudo informativo desta autovía en decembro de 2013 (BOE do 8 de febreiro de 2014). O trazado seleccionado minimiza os impactos ambientais (inclúe dous novos túneles artificiais, un axuste da boquilla do túnel de Biobra -lado Ourense- , e algúns muros e ampliacións de viadutos que evitarán afeccións ao Parque Natural Parque Natural da Serra dá Enciña dá Lastra).
- Respecto do tramo Villamartín da Abadía – Requejo (7,6 km; 35,26 M€), na provincia de León, dicir que niciouse a redacción do proxecto a finais de 2014 (mediante unha encomenda de xestión a INECO).
- Respecto do tramo A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras (Este) (8,4 km; 26,35 M€), na provincia de Ourense, dicir que iniciouse a redacción do proxecto a finais de 2014 (mediante unha encomenda de xestión con INECO). Finalizou a redacción en 2016.
- Respecto do tramo Requejo (na provincia de León)- A Veiga de Cascallá (na provincia de Ourense), o Ministerio de Fomento licitou, segundo publica o 5 de xaneiro de 2016 o Boletín Oficial do Estado, o contrato de servizos de redacción do proxecto de trazado e construción deste tramo. O orzamento base de licitación foi de 2,95 millóns de euros. O prazo estimado para a redacción dos proxectos é de 18 meses.
- O Ministerio de Fomento adxudicou e formalizou o 8 de xuño de 2017 o contrato de servizos de redacción do proxecto de trazado e construción do tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá, da futura autovía A-76 Ponferrada-Ourense, por un importe de 1.847.823 euros.
- O 11 de novembro de 2017 procedeuse á licitación do contrato de servizos para redactar o proxecto do tramo Monforte Este- Babela (variante de Monforte de Lemos), na provincia de Lugo. O orzamento de licitación deste contrato é de 1.036.728,00 euros, en tanto que o orzamento das obras a definir polo proxecto é de 32,6 millóns de euros.
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2017-65726
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2017-65726
- O 19 de marzo de 2018 publícase no BOE a Resolución pola que se aproba provisionalmente o proxecto de trazado e somete a información pública do tramo Villamartín da Abadía – Requejo.
- O Ministerio de Fomento aprobou, tal e como se publica 10 de maio de 2018 no Boletín Oficial do Estado (BOE), o expediente de información pública do proxecto de trazado “Autovía Ponferrada – Ourense (A-76). Tramo: A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras”, na provincia de Ourense.
Todos estas informacións que acabo de relatar acreditan que o Goberno do Partido Popular non tivo de ningún xeito parados os trámites da autovía A-76, nin que os que apoiamos a ese Goberno estivésemos inactivos.
Todo o contrario, quen publica esta entrada, estivo constantemente interesando do executivo que activase os trámites e que nas diferentes Leis de Orzamentos Xerais do Estado houbera sempre consignacións para esta autovía coa que pagar os proxectos.
O día 2 de xuño deste ano, despois da moción de censura, accede ao goberno Pedro Sánchez e ao Ministerio de Fomento, José Luis Ábalos. Desde aquela data. a única novidade salientable da A-76 tivo lugar o 7 de setembro cando foi adxudicado o contrato de servizos para redactar o procecto do tramo da variante de Monforte de Lemos, Monforte Este-Babela. Lembro outra vez, que fora licitada, na etapa do ministro Íñigo de la Serna, o 11 de novembro de 2017.
Pois ben mentres os socialistas ostenten a titularidade do executivo nacional terán a responsabilidade de seguir tramitando esta autovía, e os que agora estamos na leal oposición, teremos a de impulsar e incentivar accións a prol deste proxecto.
Isto é o que veño facendo desde o 2 de xuño. Xa fixen dúas preguntas orais na Comisión de Fomento interesándome pola situación da A-76.
A última foi o pasado 18 de outubro cando interpelaba ao secretario xeral de infraestruturas do Ministerio de Fomento, José Javier Izquierdo Roncero.
Lembraba eu, que hai nos PGE de 2018 unha partida de 3 millóns de euros para o tramo A Veiga -O Barco e que a previsión que existía era a de rematar a redacción do proxecto constructivo este ano e sacalo a licitación. E tamén pedía que resolveran xa as alegacións do proxecto de trazado doutro tramo entre Villamartín de la Abadía y Requejo.
O responsable ministerial dixo que a previsión de finalización de redacción do proxecto constructivo do tramo ourensán está prevista contractualmente para maio de 2019.
Finalizo esta entrada dicindo que o proxecto da Autovía A-76 é moi importante para Valdeorras e O Bierzo, tamén para Ourense e Lemos, e por suposto para Galicia e Castela-León.
Desde que se deu o primeiro paso, no ano 2005, xa pasaron 13 anos e considero que xa chegou o momento de que vexamos máquinas traballando nalgún dos tramos.
Esa posibilidade está próxima, pero para iso hai que acelerar os trámites do primeiro tramo A Veiga-O Barco e licitar as obras, algo que inevitablemente debe ocorrer o próximo ano.
Deixemos as estériles disputas partidarias e sigamos traballando para que iso sexa posible.
Recibirá resposta