sábado, 24 de noviembre de 2018

Apoiando ás mulleres e ás familias vítimas de maltrato

Participo esta mañá no barrio do Vinteún nun acto organizado pola xunta local do Partido Popular de Ourense Cidade que tuvo a finalidade de amosar o seu apoio ás mulleres e ás familias vítimas de maltrato, con motivo do Día contra a Violencia de Xénero que se celebra mañá domingo, día 25 de novembro.
  1. Quixemos simbolizar o apoio a mulleres, menores e familias que padecen a lacra da violencia machista coa plantación dunha árbore no parque de Santa Teresita, na que deixamos mensaxes de respaldo a todas as vítimas.

  2. Ademais das iniciativas e programas que ofrecen as administración públicas, “hoxe temos que reflexionar sobre a importancia que ten a educación temprana en igualdade e valores, tanto na escola como na casa”, dixo a presidenta da comisión de igualdade da xunta local, María Antonia Rilo.
“Malia á loita pola igualdade e dignificación das mulleres –engadiu-, estamos a ver con preocupación como medran os casos de violencia contra mozas, o que require unha resposta contundente de concienciación entre adolescentes”.

María Antonia Rilo, en nome de todas as populares ourensáns, tamén quixo subliñar que “xamais permitiremos que ninguen se atreva a dicir que miramos cara outro lado cando hai mulleres sufrindo e morrendo”, en referencia as manifestacións da portavoz do BNG no Parlamento galego.                                            

O acto celebrado no parque de Santa Teresita, coa presenza do presidente da xunta local e candidato á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, e que contou coa colaboración da comisión de medio ambiente presidida por Fabio Tabarés, tamén incluíu a lectura de manifestos por parte de membros da xunta local como Milagros Sierra, Raquel Casares e Roberto Bermúdez, así como o presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta